O Estadi Municipal d'Olot é un estadio de fútbol situado no barrio do Pla de Dalt de Olot, na provincia de Xirona, no que xoga os seus partidos como local a UE Olot. Ten capacidade para 2.500 espectadores.
Historia O estadio comezou a utilizarse en 1954 pero a tribuna cuberta non se inaugurou ata tres anos máis tarde. A iluminación artificial do estadio inaugurouse durante as Festas do Tura de 1965, cun partido amigábel contra o RCD Espanyol.
En 2014 comezaron as obras de reforma do estadio, consistentes na construción dun edificio anexo no que haberá vestidoiros e sala de prensa, entre outros servizos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unió Esportiva Olot
Ligazóns externas O estadio, no sitio web da UE Olot
Olot Categoría:Olot