Alcione (η Tau, η Tauri, Eta Tauri) é un sistema estelar da constelación de Taurus. É a estrela máis brillente do cúmulo aberto das Pléiades, o cal é un cúmulo novo, que se estima que ten menos de 50 millóns de anos. Alcione está a aproximadamente a 400 anos luz da Terra. O seu nome fai referencia á figura mitolóxica de Alcione, unha das Pléiades da mitoloxía grega. Tamén é coñecida coma 昴宿六 (a sexta estrela da cabeleira) en chinés.

Resumo A estrela principal, coñecida coma Alcyone A, é unha xigante branquiazul do tipo B semellante a moitas das outras estrelas do tipo B das Plêiades. Ten unha magnitude aparente de 2,87 (magnitude absoluta = −2,39), e un raio de case 10 veces o do Sol. A súa temperatura é de aproximadamente 13.000 K dándolle unha luminosidade total que é 2.400 veces a do Sol. O seu tipo espectral é B7IIIe que indica as liñas de emisión que están presentes no seu espectro. Coma moitas estrelas Be, Alcyone A ten unha velocidade alta de rotación, de 215 km/s, o cal creou un disco gasoso que está en órbita ó redor do ecuador da estrela.

Sistema Estelar Alcione é unha binaria eclípsante, e as súas dúas compoñentes teñen unha separación de 0,031 arcosegundos, ou máis ou menos, a distancia que hai dende o Sol a Xúpiter.

A estrela binaria é orbitada por outras tres compañeiras. Alcione B e Alcione C son ananas brancas tipo-A de oitava magnitude e están separadas de A por 117 e 181 arcosegundos, respectivamente. Alcione D é unha anana branco-amarela do tipo-F, e está separada da súa primaria por unha distancia de 191 arcosegundos. Ten unha magnitude aparente de 8,7. Alcione C está clasificada coma unha variable Delta Scuti e o seu brillo varía da magnitude 8,25 a 8,30 en 1,13 horas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Taurus Clasificación estelar Estrela Be

Ligazóns externas

Jim Kaler's Stars, University of Illinois:ALCYONE (Eta Tauri) Alcyone and the Pleiades

Categoría:Constelación de Taurus Categoría:Xigantes tipo-B Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-A Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-F Categoría:Binarias eclípsantes Categoría:Variables Delta Scuti Categoría:Cúmulo das Pléiades