O Gran Premio dos Países Baixos de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 31 de agosto de 1980 no circuíto de Zandvoort. Foi a undécima carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi o 29º Gran Premio dos Países Baixos. A carreira levouse a cabo sobre 72 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306 quilómetros.
Resumo da carreira
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro, Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. A vitoria foi a segunda de Piquet nun Gran Premio de Fórmula Un que lograra a súa primeira vitoria a principios dese mesmo ano no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980. A vitoria confirmou a Piquet como a principal ameaza para Alan Jones para acadar á coroa do campionato do mundo. Piquet gañou por doce segundos sobre o francés René Arnoux que pilotaba un Renault RE20. A menos de medio segundo detrás, terceiro, foi outro piloto francés Jacques Laffite (Ligier JS11 / 15).
O circuíto fora modificado por segunda vez en dous anos coa chicane da recta de atrás endurecida significativamente. Había varias combinacións novas. Alfa Romeo participou cun segundo coche, logo da morte de Patrick Depailler un mes antes, para o veterano italiano Vittorio Brambilla. Geoff Lees correu no segundo Ensign N180 e Jochen Mass regresou logo dunha lesión nun Arrows A3. O retorno de Mass resultou ser prematuro e tivo que retirarse. O piloto de probas de Tyrrell Racing Mike Thackwell colleu o coche na cualificación, pero fracasou no seu intento de ser o piloto máis novo en participar nunha carreira de Fórmula Un.
Jones acelerou desde a segunda fila da grella para liderar ata que entrou en boxes cos faldróns danados. Laffite pronto pasou a Arnoux antes de que ambos foron adiantados por Piquet. A última hora da carreira Arnoux recuperou o segundo lugar. Detrás de Laffite, o segundo Williams FW07B de Carlos Reutemann terminou cuarto por diante de Jean-Pierre Jarier (disputaba o seu Gran Premio número 100) no Tyrrell 010 supervivente, logo de que Derek Daly estrelarase, logo dun fallo dos freos. O mozo novato Alain Prost logrou o último punto debutando no novo McLaren M30.
Jones foi undécimo tres voltas por detrás, o seu campionato corría agora un perigo real con Piquet a dous puntos. Reutemann batallaba pola terceira praza cun punto máis que Laffite e tres sobre Arnoux. Williams tiña a man o trofeo de construtores, lideraba sobre Ligier por 25 puntos e Brabham por 35 o compañeiro de Piquet practicamente non proporcionou ningún punto para o campionato de construtores.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 72 1:38:13.83 5 9 2 16 René Arnoux Renault 72 +12.93 segs 1 6 3 26 Jacques Laffite Ligier-Ford 72 +13.43 segs 6 4 4 28 Carlos Reutemann Williams-Ford 72 +15.29 segs 3 3 5 3 Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 72 +1:00.02 segs 17 2 6 8 Alain Prost McLaren-Ford 72 +1:22.62 segs 18 1 7 2 Gilles Villeneuve Ferrari 71 +1 volta 7 8 11 Mario Andretti Lotus-Ford 70 Sen combustible 10 9 1 Jody Scheckter Ferrari 70 +2 voltas 12 10 9 Marc Surer ATS-Ford 69 +3 voltas 20 11 27 Alan Jones Williams-Ford 69 +3 voltas 4 Ret 4 Derek Daly Tyrrell-Ford 60 Freos 23 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 58 Accidente 8 Ret 31 Eddie Cheever Osella-Ford 38 Motor 19 Ret 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 29 Motor 14 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 23 Dirección 2 Ret 22 Vittorio Brambilla Alfa Romeo 21 Accidente 22 Ret 41 Geoff Lees Ensign F1-Ford 21 Accidente 24 Ret 7 John Watson McLaren-Ford 18 Motor 9 Ret 20 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 16 Freos 21 Ret 43 Nigel Mansell Lotus-Ford 15 Freos 16 Ret 12 Elio de Angelis Lotus-Ford 2 Accidente 11 Ret 25 Didier Pironi Ligier-Ford 2 Accidente 15 Ret 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1 Caixa de cambios 13 NSC 50 Rupert Keegan Williams-Ford NSC 14 Jan Lammers Ensign-Ford NSC 30 Mike Thackwell Arrows-Ford NSC 21 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford Wth 30 Jochen Mass Arrows-Ford Lesionado
Líderes por volta Líderes por volta: Alan Jones 1 volta (1) René Arnoux 1 volta (2) Jacques Laffite 10 voltas (3-12) Nelson Piquet 60 volta (13-72)
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alan Jones 47 2 Nelson Piquet 45 3 Carlos Reutemann 33 4 Jacques Laffite 32 5 René Arnoux 29
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Ford 80 2 Ligier-Ford 55 3 Brabham-Ford 45 4 Renault 38 5 Tyrrell-Ford 12
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Países Baixos Categoría:Gran Premio dos Países Baixos de Fórmula 1