Antonio Alfageme del Busto, nado en Vigo o 28 de decembro de 1916 e finado na mesma cidade o 20 de abril de 1974, foi un empresario galego.
Traxectoria
Fillo de Hermenegildo Alfageme Fernández e mais de Rita del Busto Fonte, irmán de Braulio, Hermenegildo e Bernardo. Sucedeu á fronte de Conservas Alfageme o seu pai tras a morte deste en febreiro de 1962. Foi presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e cónsul honorario de Chile. En febreiro de 1958 foi elixido presidente da Federación Española Sindical de Buques de Pesca. Foi presidente da Junta de Obras del Puerto de Vigo (1960-1968). Foi presidente do Real Club Celta de Vigo entre 1958 e 1959.
Apareceu apuñalado o 20 de abril de 1974 na súa oficina de Vigo. Aínda que oficialmente o asasinato foi atribuído a Francisco Rodríguez Rodríguez, o marido da súa presunta amante, algúns investigadores relacionan a súa morte co caso Reace.
Recoñecementos
Grande Oficial da Orde de Bernardo O'Hihhins.
Cabaleiro da Orde Militar do Templo de Xerusalén. Medalla ao Mérito no Traballo (1972).
Vida persoal
Casou con Montserrat Fontanals Pujadas, tivo cinco fillas. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Unha historia que non vou contar Ligazóns externas "Adiós a un coloso de la conserva", Faro de Vigo, 21 de novembro de 2010 .
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes do Celta de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cónsules honorarios en Galicia