O condado de Barnstable (en inglés Barnstable County) é un condado do estado de Massachusetts. Segundo o censo do ano 2010 tiña unha poboación de 215.888 habitantes. A súa capital atópase en Barnstable. O condado está formado polo cabo Cod e as illas asociadas a el.

O condado de Barnstable formouse como parte da Colonia de Plymouth o 2 de xuño de 1685, incluíndo os pobos de Falmouth, Sandwich e outros situados ao leste e norte do cabo Cod. A Colonia de Plymouth fusionouse na Provincia de Massachusetts Bay en 1691.

Barnstable