Domrémy-la-Pucelle é unha comuna francesa situada no departamento dos Vosges, na rexión de Lorena. A segunda parte do seu nome, la Pucelle, fai referencia ó lugar onde naceu Xoana de Arco.

Xeografía A comuna atópase no val do río Mosa (Meuse, en francés) no norte de Coussey. Ó oeste hai unha montaña boscosa de 407 m de altitude chamada bosque de Domrémy.

Historia O lugar estivo habitado na época dos celtas e existen restos de murallas.Le passé celte de Domrémy

No século XV dividiuse a parroquia en dúas partes: unha deles dependía do condado de Champagne e a outra de Barrois mouvant, parte occidental do Ducado de Bar.

Xoana de Arco ía rezar á capela de Bermont, preto de Greux, e á igrexa de Domrémy.

Domrémy uniuse oficialmente a Lorena no 1571, e dende 1578 chámase oficialmente Domrémy-la-Pucelle, pasando a ser unha comuna durante a Revolución francesa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos do departamento de Vosgos