O castro de Papoi é un poboado castrexo de ladeira situado ao pé do monte Sabugueiro, na parroquia de Marmancón (Ferrol).
Descrición Ten muralla na cara leste de pedras e terra dus 3,5 m de altura, nesta cara vai unha canle externa á muralla. O recinto principal asemella ovalado: uns 100 m de norte a sur (interior duns 81 m) e uns 70 m de leste a oeste (interior duns 67 m). A entrada orixinal do castro sería polo nordeste, protexida pola muralla e unha parte do terraplén ao norte.
O castro é propiedade privada, emprégase como eira.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Papoi