Luís Rodríguez Santos, que en ocasións asinaba como Luis R. Santos, nado en Ourense en 1884"List or manifest of alien passengers for the United States inmigrant inspector at port of arrival", coa listaxe dos pasaxeiros do S.S. Marqués de Comillas que, tendo saído do porto de Vigo, recalou en Nova York o 21 de xuño de 1946 en tránsito cara a La Habana (lista nº 16). e finado no Carril en agosto de 1953, foi un xornalista, escritor e mestre galego.

Traxectoria Irmán de Abdón Rodríguez Santos. Emigrou a Cuba. Foi redactor de Diario Español, e colaborou en Vida Catalana. Co seu irmán Abdón publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela cuerta Los harapos del lujo en 1907.Diario de la Marina, 3-9-1907, p. 10. Estreou na Habana as pezas teatrais El maldito deber e Un beso. Tamén colaborou na revista Brisas. Retornou a Ourense nos anos vinte e foi representante comercial. En 1936 pasou unha longa tempada en Cuba.La Zarpa, 12-7-1936, p. 1. No franquismo traballou no periódico Domingo de Madrid.El Correo Gallego, 1-5-1947, p. 5. A finais dos anos corente foi mestre de Bamio e despois de Cea. Colaborou en El Pueblo Gallego. Finou no Carril en agosto de 1953.El Ideal Gallego, 2-9-1953, p. 8.

Obra Las ilusiones del amor, 1908.Editado por Domingo Alonso e impreso na Imprenta La Prueba, en La Habana, conta cun prólogo de Eduardo Varela Zequeira (). Las dos primas, 1911. Rosas fugitivas. Poesías, 1917.

Vida persoal Casou con Mariana Calvo González, nada en La Habana (illa de Cuba) en 1887.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Finados en 1953 Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados en Ourense