Albino Prada Blanco, nado en Santa Cruz (O Bolo) o 20 de febreiro de 1955, é un ensaísta e economista galego.
Traxectoria Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991Curriculum Vitae, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura GalegaPáxina na Universidade de Vigo. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia; colabora en medios como Luzes, Sin Permiso, Nós Diario ou Tempos Novos.
É membro do Consello Científico de Attac España.
Os seus campos de traballo céntranse na análise crítica do crecemento e desenvolvemento rexional, así como nos aspectos ambientais e sociais do mesmo. Sobre esa temática, ademais de libros e informes técnicos, ten publicado artigos académicos en revistas españolas e estranxeiras.
Prada considera que a sociedade de mercado actual está centrada nunha procura obsesiva do crecemento do PIB e que unha sociedade decente, no sentido do filósofo xudeu Avishai Margalit, debe perseguir un maior desenvolvemento social con menos crecemento.
Obras Ecología y valor. El problema ecológico en Marx, 1984, Barcelona, Revista Mientras Tanto nº 19, 1984 Valoración económica del patrimonio natural, como Director, 2001, A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza.Libro no sitio web da Universidade de Vigo Economía ambiental e sociedade, como coordinador editorial xunto con M. X. Vázquez Rodríguez, 2001, Santiago de Compostela, Ed. Consello da Cultura Galega Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige, como coordinador editorial xunto con M. X. Vázquez Rodríguez, 2004, Santiago de Compostela, Ed. Consello da Cultura Galega.Investigo - Universidade de Vigo Economía de Galicia. Situación actual y perspectivas, 2004, Santiago de Compostela, Ed. tresCtres Editores. Beneficios y costes sociales en la conservación de la Red Natura 2000, xunto con M. X. Vázquez e M. Soliño, 2005, Santiago de Compostela, CIEF-Fundación Caixa Galicia.Investigo - Universidade de Vigo Electricidad verde. La biomasa en los montes de Galicia, xunto con M. X. Vázquez e M. Soliño, 2006, Santiago de Compostela, CIEF-Fundación Caixa Galicia. Chaves da Economía Pública galega, xunto con Álvarez, X., 2006, Editorial Galaxia. Globalización, competencia e deslocalización, como coordinador, 2007, Santiago de Compostela, Consellería de Economía e Facenda, Xunta de Galicia Territorios innovadores. Diagnose dos índices de I+D+i en Galicia, xunto con X.M. García e M.A. Quintas, 2008, Ed. Consello da Cultura Galega. Galicia, unha economía europea, xunto con Santiago Lago Peñas, 2009, Editorial Galaxia. La razón en evolución, 2011, autoedición. Desarrollo sostenible en la costa gallega, xunto con M. Xosé Vázquez e Mario Soliño, 2012, Fundación NovaCaixaGalicia. Crónica desde el país de los sin alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899), 2014, A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.Epílogo do libro no sitio web da Universidade de Vigo Arredor de nós, 2017, autoedición dixital - Safe Creative Empirical Analysis of the Transformation of Economic Growth into Social Development at an International Level, con Patricio Sánchez, 2017, Revista Social Indicators Research vol. 130: 983-1003, Hipercapitalismo cognitivo e infomonopolios: industria 4.0 y sociedad, 2017, Fundación 1 de Mayo, Estudio nº 101, El despilfarro de las naciones, 2017, Clave Intelectual, Madrid Vídeo da presentación do ensaio El despilfarro de las Naciones na Casa del Libro de Vigo (7/2/2018), YouTube. Crítica del hipercapitalismo digital, 2019, Catarata, Madridhttps://www.catarata.org/libro/critica-del-hipercapitalismo-digital_93552/ Caminos de incertidumbre. Tecnologías y sociedad, 2020, Catarata, Madrid El regreso de China. ¿Chimérica o Telón Digital?, 2021, Mundiediciones Riqueza nacional y bienestar social. Más desarrollo con menos crecimiento, 2021, Universidade de Vigo Trabajo y capital en el siglo XXI. Mutaciones, consecuencias, alternativas, 2022, Universidade de Vigo O país dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899), 2022, Universidade de VigoServizo de Publicacións da Universidade de Vigo Edición dixital en libre acceso dende o día 14 de febreiro de 2024 ¿Sociedad de mercado o sociedad decente?. Crítica de la gran abducción neoliberal, 2023, Universidade de Vigo Galicia. Un país desnortado e minguante, 2024, Universidade de Vigo El regreso de China. La globalización imposible, 2025, 2ª edición, Universidade de Vigo
Recoñecementos Premio de Ensaio da Fundación Premios da Crítica de Galicia de 1979, xunto con Abel López Rodríguez, por A outra economía galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Galipedia: outro mundo dixital é posible Todas as súas obras como autor ou como director Colaboracións en Attac España Colaboracións en Sin Permiso Participación no documental realizado por Pedro Prada, Xares: o río que nos leva Conferencia "Crítica do hipercapitalismo dixital" na XXXVII Semana Galega de Filosofía (2021), Aula Castelao de Filosofía, Pontevedra Conferencia "O mundo do prosumidor online" no Instituto de Estudios Miñoranos (2021), Ciclo "O prezo do barato" Galicia en 2050: ¿utopía ou distopía? Entrevista sobre China realizada por Xan Carballa para o diario "Nós" (6/11/2025)
Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados no Bolo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá