miniatura|250px|Ñu azul. miniatura|250px|Migración dos ñus no Serengueti. O ñu azul, Connochaetes taurinus, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos. É unha das dúas especies que compoñen o xénero Connochaetes, sendo de tamaño lixeiramente maior que a outra especie, o ñu negro (Connochaetes gnou). Distribuído por varias zonas da África oriental e meridional, no ñu azul distínguense cinco subespecies.
Este grande antílope ten un aspecto musculoso, coa cabeza pesada, cun distintivo fociño robusto. As crías nacen cunha coloración parda avermellada e comezan a tomar a cor dos adultos á idade de dous meses. A capa dos adultos varía desde un gris lousa ou azulado profundo, a plena luz, á parda agrisada ou gris. Ambos os sexos posúen un par de grandes cornos curvados. O ñu azul é herbívoro, alimentándose principalmente de pastos de herbas curtas. Forma mandas que se moven en grupos soltos. Estes animaos son corredores rápidos e extremadamente precavidos.
O apareamento comeza ao final da temporada de chuvias e normalmente nace unha soa cría por parto despois dun período de xestación duns oito meses e medio. A cría permanece coa s´´ua nai durante oito meses, tras o cal se une a unha manda de xuvenís.
O ñu azul habita nas chairas herbáceas que bordean as sabana arboradas con acacias e matogueiras (bush) na África meridional e oriental, e prosperan en áreas que non son nin demasiado húmidas nin demasiado áridas. Cada ano, algunhas poboacións de África oriental toman parte dunha gran migración a longa distancia, aparentemente programada para coincidir cos padóns locais de precipitacións e de herba en crecemento.
O ñu azul é nativo de Angola, Botswana, Eswatini, Kenya, Mozambique, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Hoxe está extinto en Malawi, pero foi reintroducido con éxito en Namibia. O límite meridional da área de dispersión do ñu azul está no río Orange, mentres que o límite occidental está delimitado polo lago Victoria e o monte Kenya. Este antílope está amoplamente difundido e está introducíndose en granxas privadas, reservas e zonas protexidas. Por esta razón, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) clasifica hoxe ao ñu azul como especie LC (pouco preocupante).
A súa poboación estímase en ao redor dun millón e medio de individuos, a súa tendencia é estábel.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1823 polo naturalista, ilustrador e explorador británico William John Burchell nunha nota ao pé da páxina 278 do segundo volume da súa obra Travels in the interior of southern Africa editada en Londres en 1824.Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World.
Clasificouse dentro do xénero Connochaetes, descrito polo alemán Lichtenstein en 1812, e déuselle o nome científico Connochaetes taurinus.Grubb, P. (2005): "Genus Cionnochaetes", en "Order Artiodactyla". En Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. p. 676. ISBN 978-0-8018-8221-0.
O nome xenérico Connochaetes deriva das palabras do grego antigo κόννος kónnos, "barba", e χαίτη, chaítē, "pelo que flue", "melena".Benirschke, K. "Wildebeest, Gnu" . Comparative Placentation . O nome específico latino taurinus, que significa "de touro", "de boi", deriva de taurus, "touro" que, á súa vez, deriva do grego ταυροσ taûros, co mesmo significado, "touro".
O "azul" do nome común, ñu azul, fai referencia á conspicua tonalidade azul prateada da súa capa. En canto a "ñu" é a adaptación de t'gnu,gnou no Merriam Weobster Dictionary online. o nome que lle dan a estes animais os khoikhoi, pequeno grupo étnico nómade da África do suroeste, especificamente de Botswana e Namibia, que se separou da tribo dos hotentotes ou khoisan.
Aínda que ambos os ñus, o azul e o negro, se clasifican actualmente no mesmo xénero, o ñu azul anteriormente foi situado nun xénero separado, Gorgona.Connochaetes taurinus en Wildpro - the electronic encyclopaedia and library for wildlife. Pero un estudo dos cromosomas mitóticos e de ADN mitocondrial permitiu saber máis das relacións evolutivas entre as dúas especies, encontrándose que as dúas tiñan unha estreita relación filoxenética, e que diverxeron hai un millón de anos.Corbet, S. W. & Robinson, T. J. (1991): "Genetic divergence in South African Wildebeest: comparative cytogenetics and analysis of mitochondrial DNA". The Journal of Heredity 82 (6): 447–452.Resumo.
Subespecies miniatura|250px|Distribución das subespecies de Connochaetes taurinus:
A maioría dos autores recoñecen na especie Connochates taurinus as seguintes cinco subespecies:Connochates taurinus no SIIT.Connochates taurinus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3
C. t. albojubatus Thomas, 1912 — Ñu de barba branca oriental, que se encontra no Val do Rift ao sur do Ecuador, desde o centro de Kenya até o norte de Tanzania. C. t. cooksoni Blaine, 1914 — Ñu de Cookson, que está restrinxido no val de Luangwa, en Zambia, aínda que ás veces estes animais poden deambular pola rexión da meseta central de Malawi. C. t. johnstoni Sclater, 1896 — Ñu de Niasa, que se estende desde Mozambique (ao norte do río Zambeze) até o centro-leste de Tanzania. A pesar do seu nome (Niasalandia hoxe denomínase Malawi) esta subespecie está acualmente extinguida na República de Malawi. C. t. mearnsi (Heller, 1913) — Ñu de barba branca occidental, que se encontra no norte de Tanzania e en Kenya meridional. A súa área de dispersión esténdese desde o oeste do Val do Rift até a baía de Speke, no lago Victoria. C. t. taurinus (Burchell, 1823) — Ñu azul, ñu común ou ñu alistado, que se encontra na África meridional, desde Namibia e Suráfrica a Mozambique (ao norte do río Orange) e desde o suroeste de Zambia (ao sur do río Zambeze) até Angola meridional.
Hibridación Sábese que o ñu azul pode hibridarse co ñu negro.J. Paul Grobler, Ian Rushworth, James S. Brink, Paulette Bloomer, Antoinette Kotze, Brian Reilly & Savvas Vrahimis (2011): "Management of hybridization in an endemic species: decision making in the face of imperfect information in the case of the black wildebeest — Connochaetes gnou". European Journal of Wildlife Research 57 (5): 997-1006 Resumo. As diferenzas en comportamento social e hábitats historicamente impediron a hibridación interespecífica, porén pode ocorrer cando ambas as especies están confinadas dentro da mesma zona, e a descendencia é xeralmente fértil. Un estudo destes animais híbridos na Spioenkop Dam Nature Reserve en KwaZulu-Natal, Suráfrica, revelou que moitos tiñan anormalidades conxénitas nos dentes, nos cornos e nos ósos wormianos (ósos suturais) do cranio.Rebecca R. Ackermann, James S. Brink, Savvas Vrahimis & Bonita De Klerk (2010): "Hybrid wildebeest (Artiodactyla: Bovidae) provide further evidence for shared signatures of admixture in mammalian crania" South African Journal of Science 106 (11/12): 1–4. Resumo . Outro estudo revelou un aumento no tamaño dos híbridos en comparación co do dos seus pais. Nalgúns animais híbridos as bullas timpánicas do óso temporal aparecen moi deformadas e, nuotros, o radio e o cúbito aparecen fusionados.De Klerk, B. (2008): "An osteological documentation of hybrid wildebeest and its bearing on black wildebeest (Connochaetes gnou) evolution" Tese Doutoral.
Características As principais característyicas morfolóxicas do ñu azul son:Connochaetes taurinus en Ultimateungulate.Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 232-234.Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), pp. 84-86.
miniatura|250px|Primeiro plano dun ñu azul. Obsérvese a similitude dos cornos cos do búfalo. miniatura|250px|Ñu azul adultol e xuvenil.
Antílope grande e de aspecto inconfundíbel, e robustamente constituído; visto de fronte ten aparencia bovina, coas agullas macizas, só lixeiramente máis altas que as ancas (ao contrario que outuros alcelafinos); os cuartos traseiros son de constitución delgada, moi desproporcionados; as patas son longas e delgadas; a cabeza é grande, moi maciza, co fociño ancho deprimido e con serdas, e a cara cuberta por unha guedella de pelos negros, debaixo da garganta e do pescozo presenta unha barba de pelos negros, tesos e, sobre os ombros e o pescozo, unha crina negra e longa; a cola é longa, negra e peluda, rematada nunha borla ou "pincel" que chega até o chan. Estas características fixeron que antigamente se ecribira aos ñus (tamén ao negro) como animais que estaban constituídos polos cuartos dianteiros dun boi, os cuartos traseiros dun antílope e a cola dun cabalo. Esrta descrición fixo que se cualificara como "o vello pallaso da pradería". Dimensións: Lonxitide de cabeza e tronco: de 180 a 240 cm nos machos, e de 170 a 230 cm nas femias. Lomnxitude da cola: de 65 a 100 cm nos machos, e de 60 a 90m cm nas fermias. Altura na cruz: de 125 a 145 cm nos macuos, e de 115 a 142 cm nas femias. Peso: de 165 a 290 kg os machos, e de 140 a 260 kg as femias. Cornos, presentes en ambos os sexos, de 64 a 86 cm, nos machos; nas femnias, moito menores (de entre os 30 e os 40 cm). Os cornos teñen un ensanchamento relativamente pequeno na base, e cúrvanse cara a abaixo e despois cara a arriba, cara a adiante e cara a dentro, e están dispostos transversalmente na cabeza (de xeito parecido aos do búfalo africano). Coloración xeral gris lousa apagada, máis ou menos arteravesada por listas máis escuras no pescozo e os cuartos duianteiros. Os indiviudos xuvenís teñen a capa de cor parda amarelada arrubiada, coa cara máis escura e presentan unha raia escura ao longo da cabeza, o pescozo e o dorso.
Bioloxía
Hábitat e distribución Hábitat miniatura|250px|Ñu azul na sabana. miniatura|250px|Cebras e ñus azuis pastando no cráter de Ngorongoro. A especie encóntrase en chairas de herbas curtas con arbustos espiñentos, bordeando sabanas arboradas e zonas de matogueiras, penetrando tamén en e bosques abertos de zonas secas.
No Serengueti os ñus azuis prosperan en pasteiros en solos alcalinos e volcánicos durante a estación das chuviaa, retirándose a pastos das zonas de maior precipitación e con augas permanentes durante a estación seca.
A súa mesta pelaxe permítelle acceder a zonas frías en zonas montañosas, aínda que raramente se encontran por riba dos 1.800-2.100 m (por exemplo, no cráter de Ngorongoro).
Distribución Antigamente o ñu azul distribuíase desde o sur de Kenya até o norte leste de Namibia, Botswana, e o río Orange en Suráfrica e Mozambique. Ultimamente foi introducido fóra da súa área de distribución natural, tales como as terras altas do leste de Zimbabwe e en granxas privadas en Namibia.
Na actualidade encóntrase en Angola, Botswana, Eswatini, Kenya, Mozambique, Namibia Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Recentemente extinguiuse en Malawi, pero foi reintroducido con éxito en Namibia.
Costumes Os ñus azuis son moi gregarios e viven xeralmente en granes mandas. Durante os seus desprazamentos poden verse en grupos de decenas de millares de individuos. Poden encontrtarse asociados a cebras e gacelas de Thomson e, ás veces, con outros herbívos das praderías. miniatura|250px|Loita entre machos.
Durante a época de celo forman grupos pequenos, desde dúas a tres até máis de 150 femias e xoves que son congregados por dun a tres machos. Estes machos comparten aparenemente o rabaño sen ningunha xerarquía definida entre eles. Trotan ao redor del cun paso balanceante, coa cabeza alta, forzando ao rabaño a agruparse nun grupo máis mesto.
Pero os machos son agresivos e defenden unha zona ao redor do seu rabaño, incluso durante os desprazamentos, que marcan coas secrecións das glándulas que teñen na cabeza, defendéndoo contra outros machos rivais. e loitan entre si na época de celo.