A MOL Liga é unha liga internacional de hóckey sobre xeo na que compiten equipos de Hungría, Romanía e Eslovaquia. Está patrocinada polo grupo petroquímico húngaro MOL Group.

Os partidos xogados entre os equipos húngaros contan tamén para o Campionato Nacional Húngaro, o OB I bajnokság. Os equipos romaneses tamén compiten no Campionato Nacional Romanés, a Liga Naţională.

Historia A MOL Liga foi creada na tempada 2008-09, e na súa primeira tempada estaba formada por seis equipos húngaros e catro romaneses. O HC Csíkszereda permaneceu imbatido na post-tempada e gañou o primeiro título da competición.

Na segunda tempada, o número de equipos baixou, contando agora con cinco equipos húngaros e dous romaneses. Despois da liga regular, o título foi decidido por medio dunha final a catro. Os Budapest Stars enfrontáronse ao Újpesti TE na final, despois de vencer respectivamente ao SC Csíkszereda e ao Dab. Docler. O Újpest comezou o partido mellor, tomando vantaxe tan só un minuto e medio despois do inicio. Con todo, os acontecementos deron un xiro de 180º e dúas horas despois foron os Budapest Stars os que levantaron o trofeo, logo de gañar o partido por 3 goles a 1.

Equipos Equipos actuais Equipo Cidade Pavillón Capacidade DAB-Docler Dunaújváros Dunaújvárosi Jégcsarnok 4.000 Ferencvárosi TC Budapest Pesterzsébeti Jégcsarnok 1.500 Miskolci Jegesmedvék Miskolc Miskolc Ice Hall 1.304 Újpesti TE Budapest Újpesti Jégcsarnok 2.200 Corona Brașov Brașov Brașov Olympic Ice Rink 1.584 HSC Csíkszereda Miercurea Ciuc Vákár Lajos Ice Hall 2.000 HC Mikron Nové Zámky Nové Zámky Fero-Stav Aréna Nové Zámky 2.500 Debreceni Hoki Klub Debreceni HK Debreceni Jégcsarnok 500

Antigos equipos Equipo Cidade Anos en competición Budapest Stars (Vasas Stars, Vasas HC) Budapest 2008–2011 SAPA AV19 Székesfehérvár II Székesfehérvár 2008–2009; 2010–2012 CS Progym Gheorgheni Gheorgheni 2008–2009 HC Csíkszereda Miercurea Ciuc 2008–2009 Steaua Rangers Bucarest 2008–2009; 2010–2012

Campións Tempada Campión Resultado Finalista 2008–09 HC Csíkszereda 3-0 SC Csíkszereda 2009–10 Budapest Stars 3-1 Újpesti TE 2010–11 HSC Csíkszereda 4-1 Dunaújvárosi Acélbikák 2011–12 Dunaújvárosi Acélbikák 4-0 Miskolci JJSE 2012–13 Dunaújvárosi Acélbikák 4-2 HSC Csíkszereda 2013–14 Nové Zámky 4-2 Corona Wolves Braşov 2014–15 Miskolci Jegesmedvék 4-0 HC Mikron Nové Zámky 2015–16 DVTK Jegesmedvék 4-0 MAC Budapest 2016–17 DVTK Jegesmedvék 4-1 MAC Budapest 2017–18 MAC Budapest 4-1 DVTK Jegesmedvék

Notas

Categoría:Competicións de hóckey sobre xeo