O Bilbao Arena ou Palacio de Deportes de Bilbao é un pavillón polideportivo situado no barrio de Miribilla da cidade de Bilbao, no País Vasco, inaugurado en 2010. É utilizado polo Bilbao Basket para xogar os seus partidos como local. O palacio conta cunha capacidade de 8500 espectadores. A pista pode acoller ademais todo tipo de espectáculos. As instalacións do palacio complétanse con piscinas e ximnasios para o uso dos veciños de Miribilla. O edificio foi galardoado polo Arch Daily como edificio deportivo do ano 2011.Arch Daily "Building of the year"

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bizkaia Arena Bilbao Basket Ligazóns externas Palacio de Deportes Bilbao Arena

Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Bilbao