The Best Exotic Marigold Hotel (de título completo The Best Exotic Marigold Hotel for the Elderly & Beautiful) é un filme británico dirixido por John Madden. O guión, escrito por Ol Parker, baséase na novela de 2004 These Foolish Things, de Deborah Moggach. Está protagonizado por Judi Dench, Celia Imrie, Bill Nighy, Ronald Pickup, Maggie Smith, Tom Wilkinson e Penelope Wilton, que interpretan a un grupo de xubilados que se trasladan a unha residencia da India, dirixida polo novo Sonny, interpretado por Dev Patel. Foi producido por Participant Media e Blueprint Pictures cun orzamento de $10.000.000.

Foi estreado no Reino Unido o 24 de febreiro de 2012 e recibiu boas críticas; The Best Exotic Marigold Hotel tivo unha boa recadación no seu país e unha boa acollida do público internacional. Converteuse nun éxito sorpresa, conseguindo $137.000.000 de recadación. A súa secuela, The Second Best Exotic Marigold Hotel, comezou a produción na India en xaneiro de 2014 e foi estreada o 27 de febreiro de 2015.

Personaxes Judi Dench como Evelyn Greenslade Bill Nighy como Douglas Ainslie Penelope Wilton como Jean Ainslie Maggie Smith como Muriel Donnelly Tom Wilkinson como Graham Dashwood Ronald Pickup como Norman Cousins Celia Imrie como Madge Hardcastle Dev Patel como Sonny Kapoor Tena Desae como Sunaina Sid Makkar como Jay Lillete Dubey como Mrs. Kapoor Diana Hardcastle como Carol Seema Azmi como Anokhi Paul Bhattacharjee como Dr. Ghujarapartidar Ramona Marquez como neta de Madge Liza Tarbuck como enfermeira Karen Louise Brealey como peiteadora Honey Chhaya como Wasim de nova

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por John Madden Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes ambientados en Rajasthan Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre a vellez