José Pozas Checa, coñecido coma Pepe Pozas, nado o 14 de maio de 1992 en Málaga, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga no Coosur Real Betis da Liga ACB. Cunha estatura de 1,83 metros xoga na posición de base.
Traxectoria Pozas formouse nas categorías inferiores do Unicaja Málaga ata chegar ó CB Axarquía da Liga LEB Ouro, equipo que abandonou no ano 2014 para fichar polo CB Valladolid da Liga ACB. En 15 partidos disputados co Valladolid, fixo 5.7 puntos e 3.6 asistencias por encontro.
O 8 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.El Obradoiro ficha al base Pepe Pozas por dos temporadas O 8 de xullo de 2017, o Obradoiro anunciou un acordo con Pozas para ampliar o seu contrato unha tempada máis. O 29 de novembro de 2017, ampliaron de novo o contrato do xogador por dúas tempadas máis. Despois de sete tempadas no club santiagués, anunciouse a marcha de Pozas do Obradoiro, deixando o equipo coma o xogador que vestiu en máis partidos a camiseta obradoirista con 201, o máximo asistente da historia do club con 699, e o que máis roubos de balón acadou, con 162.
O 16 de xullo de 2021, Pozas asinou co Real Betis da Liga ACB un contrato por tres tempadas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Axarquía Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do CB Sevilla