Donovan, nado como Donovan Philips Leitch o 10 de maio de 1946, é un cantante escocés. Desenvolveu un ecléctico estilo que mesturaba varios estilos como o folk, jazz, pop, psicodelia e world music (sobre todo calypso). Viviu en Escocia, Londres e California, e dende 2008, no Condado de Cork, Irlanda, xunto coa súa familia. A súa carreira musical naceu na escena folk británica, e acadou a fama no Reino Unido en 1965 con actuacións en directo en Ready Steady Go!.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Músicos de Escocia Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Nados en 1946