Dante Exum, nado o 13 de xullo de 1995 en Melbourne, é un xogador australiano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan.

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Exum foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz.Jazz Selects Exum, Hood in 2014 NBA Draft O 11 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014.Jazz Signs First-Round Picks Danté Exum and Rodney Hood O 29 de outubro de 2014, Exum fixo o seu debut na NBA, acadando 5 puntos, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota por 93-104 contra os Houston Rockets.

O 24 de decembro de 2019, Exum foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Jordan Clarkson.

O 16 de xaneiro de 2021, Exum foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a James Harden ós Brooklyn Nets, pero non chegou a xogar cos Rockets.

O 7 de decembro de 2021, Exum asinou un contrato de dous meses e medio co FC Barcelona da Liga ACB.

O 10 de xullo de 2022, Exum asinou por unha tempada co KK Partizan serbio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Australia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Australia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024