Santiago Seré das Somozas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 575 habitantes (277 mulleres e 298 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.
Historia Coa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíronse as novas parroquias das Enchousas e Seixas, segregándose das Somozas.
Patrimonio Igrexa de Santiago Seré das Somozas, do século XVIII, de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. Destacan na parte posterior dos muros do presbiterio os xabarís e escudos, símbolos dos Andrade. Escola Aurora das Somozas, localizada na Garita, construída a principios do século XX polos emigrantes en Cuba, foi escola até a Guerra Civil.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares das Somozas
Parroquias das Somozas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Somozas
Categoría:Parroquias das Somozas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior