miniatura|''O triunfo do Valor sobre o Tempo, cadro de Giovanni Domenico Tiepolo. Un valor é unha calidade dun suxeito ou obxecto. Os valores son agregados ás características físicas ou psicolóxicas, tanxibles do obxecto; é dicir, son atribuídos ao obxecto por un individuo ou un grupo social, modificando, a partir desa atribución, o seu comportamento e as súas actitudes cara ao obxecto en cuestión. O valor é unha calidade que lles confire ás cousas, aos feitos ou ás persoas unha estimación, sexa negativa ou positiva.
Características Pódese dicir que a existencia dun valor é o resultado da interpretación que fai o suxeito da utilidade, o desexo, a importancia, o interese ou a beleza do obxecto. É dicir, a valía do obxecto é, en certa medida, atribuída polo suxeito de acordo cos seus propios criterios e a súa interpretación, produto dunha aprendizaxe, dunha experiencia, a existencia dun ideal incluso da noción dunha orde natural que transcende o suxeito en todo o seu ámbito.
Valores como honestidade, lealdade, identidade cultural, respecto, responsabilidade, solidariedade, amor, tolerancia, sinceridade etc. son fundamentais para a convivencia pacífica da sociedade.
Con todo, como en moitos dos temas antropolóxicos pódese considerar que a liberdade ou a solidariedade máis que valores persoais ou sociais son os seus fundamentos de valor, o que delimita o ámbito axiolóxico. Como calidades apreciadas polo suxeito só adquiren o rango de valores no momento en que son alcanzadas como prácticas persoais e/ou colectivas. Noutras palabras, a liberdade non é un valor polo contido do concepto ou por ser apreciada como unha práctica desexable dun determinado grupo social; a liberdade é un valor cando é apreciada e exercida polos suxeitos, é dicir, demanda situacións praxeológicas, é o exercicio da liberdade nunha comunidade. Isto coñécese como dialéctica obxecto-suxeito, relación recíproca entre o obxecto considerado como valioso polo pensamento e a práctica do suxeito de hábitos virtuosos.
Tipos de valores Existen diversos tipos de valores, como son os valores económicos, os sociais e os morais ou espirituais. A axioloxía non pode xerarquizar os valores; cada un ten aspectos ou propiedades importantes e ademais interactúan entre si. Son antivalores aqueles que desvalorizan o mundo na súa riqueza natural e espiritual.
Véxase tamén Outros artigos Valor (ética) Bibliografía
Categoría:Conceptos filosóficos