O xudeoportugués é unha lingua morta, que era falada polos xudeus sefardís de Portugal. Esa forma lingüística era vernacular dos xudeus de Portugal antes do século XVI e sobreviviu en moitas comunidades da diáspora dos Judeus da Nação Portuguesa. Os seus textos eran escritos no alfabeto hebreo ou latino. Poderían terse escrito tamén en alxamía.

En relación á lingua materna, o xudeoportugués garda grandes similitudes, o que fixo ser pronto asimilada cando o número de falantes xudeus escaseou na Península Ibérica. O seu léxico é composto basicamente polas palabras portuguesas, agregándose a este conxunto palabras prestadas do hebraico mais tamén do ladino. Existe un pequeno testemuño desa variante lingüística na obra de Gil Vicente, o Auto da Barca do Inferno. Tamén foi influenciada pola lingua dos xudeus españois, o ladino, mais era distinta desa, xa que os xudeus lusos nunca foron expulsados do seu país, senón que foron forzados a conversión.

Moitos dos cristiáns novos continuaron a secretamente observar o xudaísmo e preservar a lingua até que inquisición se estabeleceu en Portugal en 1536, producindo unha onda migratoria dos conversos cara a Francia, Holanda, Inglaterra e Américas.

Por mor das súas semellanzas, o xudeoportugués morreu axiña en Portugal, mais sobreviviu na diáspora como lingua do día a día até comezos do século XIX. Tamén sobrevive en forma de substrato no papiamento.

Extractos *XudeoportuguésPortuguésGalegoSefardíHebreoArcaísmosAngoraAgoraAgoraAgoraCaet: AlgũaAlgumaAlgunhaAlgunaCalxehu: CorõaCoroaCoroaKoronaTagá: DousDoisDousDosXtei: HeÉÉEs - HũaUmaUnhaUnaAghat: PersõaPessoaPersoaPersonaBenadam: HebraísmosCadósSanto, sacroSanto, sacroKadoshCadox: JessibáSeminário judeuSeminario xudeuSeminario rabinikoIexivá: MisváMandamentoMandamentoMitsváMitsvá: QueiláComunidadeComunidadeKehiláKehilá: SabáSábadoSábadoSabá, SabbadXabat: SedacáCaridadeCaridadeSedakáTsedacá: TebáPúlpitoPúlpitoTeváTevá: LadinoEl-DioEl-Deus, O DeusO DeusEl DioHashem: Esnoga, SinogaSinagogaSinagogaEsnogaBet Cnéset: ManimMãosMansManosIadaim:

Notas

Categoría:Linguas xudeorrománicas Categoría:Linguas de Portugal Categoría:Linguas mortas de Europa