María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa, ou de Lobera, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1734 foi unha nobre galega do século XVIII da Casa Mariño de Lobeira.
Traxectoria Filla de Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto e da dama betanceira María Juana Micaela Pardo de Figueroa, era a maior de catro irmás, todas mulleres. Grazas a iso herdou do seu pai os títulos de condesa do Arco, condesa de Guaro, marquesa de Villafiel e IV marquesa da Serra. Casou en 1751 co militar e nobre madrileño Antonio Patiño e Castro.
Viviu en Zaragoza.
Todos os seus títulos nobiliarios pasaron ao seu fillo Ramón Patiño Mariño de Lobeira, que xa naceu fóra de Galicia. A partir de Rosario Mariño, os posuidores destes títulos deixan de ser galegos.
Notas
Categoría:Casa Mariño de Lobeira Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1734