José María Massó García, nado en Bueu o 31 de decembro de 1899 e finado en 1981, foi un empresario, escritor, fotógrafo e político galego.

Traxectoria Fillo de Gaspar Massó Ferrer, da terceira xeración da empresa conserveira Massó. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe da 2ª liña de Falange un dos principais represores de Bueu.Cilia Torna Ferreiro (24/12/2019). "José María Massó, o verdugo de Bueu" Sermos Galiza. Sostivo enfrontamentos pola intensidade represora co alcalde Camilo Davila Davila.Falanxistas de Bueu. Logo do cesamento do alcalde Perfecto García Lemos polo gobernador civil foi nomeado alcalde de Bueu tomando posesión o 24 de xaneiro de 1939.Arturo Sánchez Cidrás (1/3/2017). "Destituído o alcalde de Bueu por culpa dunhas copas - 1939" acidras.blogspot.com. Permaneceu no cargo ata 1971 e foi deputado provincial. Apartou ao seu irmán Gaspar da máxima responsabilidade da empresa e da súa xestión, converténdose en xerente. Grazas aos seus contactos co poder político ampliou o seu imperio empresarial, recibiu a concesión para a posta en marcha das factorías baleeiras de Caneliñas e Morás e expandiu a empresa coas fábricas de conservas de Barbate e Avilés.

Vinculado cos deportes e co estudo de temas relacionados co mar, publicou Barcos en Galicia. De la prehistoria hasta hoy del Miño al Finisterre, e realizou un estudo arqueolóxico, xeográfico e histórico de Bueu e da súa comarca. Creou o Museo do Mar en Bueu co seu irmán Gaspar.

Vida persoal

Casou en 1929 con María de los Ángeles Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó, e foi pai de Tomás Massó Bolívar. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas José María Massó, o verdugo de Bueu

Arquivo José María Massó

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes de Bueu Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes