José Luis Rey-Alvite Martínez, coñecido como José Luis ou Xosé Luís Alvite,"Morreu o xornalista Xosé Luís Alvite" CRTVG. nado en Santiago de Compostela en 1949 e finado o 15 de xaneiro de 2015 foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Naceu nunha familia con importantes vínculos co xornalismo, ao seren seu pai, José Rey-Alvite Feás, seu avó Jesús Rey Alvite e seu tío Jesús Rey-Alvite Feás xornalistas. De profesión empregado de banca, escribiu como columnista e xornalista de opinión en distintos medios, de ámbito galego e español, como Diario 16, La Razón, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña ou La Nueva España.

Tamén colaborou no programa de radio Herrera en la Onda de Onda Cero, dirixido e presentado por Carlos Herrera, con quen xa traballara antes tamén en Radio Nacional de España.

Vida persoal Casou dúas veces. Padeceu un dobre cancro de pulmón e de colon, dos que faleceu.

Obra A súa obra consiste en recompilacións dos seus artigos. Historias del Savoy. Ézaro Ediciones (2004). ISBN 978-84-933888-0-5. ISBN 84-933888-0-7. Almas del nueve largo. Ézaro Ediciones (2007). ISBN 978-84-935134-2-9. Áspero y sentimental. Ézaro Ediciones (2008). ISBN 978-84-936461-2-7. Humo en la recámara. Ézaro Ediciones (2011). ISBN 978-84-937490-9-5. Lilas en un prado negro. Ézaro Ediciones (2012). ISBN 978-84-939098-3-3 Charlas de nunca. Ézaro Ediciones (2014). ISBN 978-84-939098-8-8

Galardóns Premio Diego Bernal de xornalismo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a José Luis Alvite en Periodista Digital (4 de decembro de 2012).

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes