Kosovo intentou participar no Festival de Eurovisión dende 2009 ata o 2014 sen éxito. España, Rusia e Serbia opóñense á súa participación xa que estes non o recoñecen como país. O motivo español sería o dos seus territorios con presenza de independentismo, como Galicia, Cataluña ou Euskadi. O mesmo motivo ten Rusia con Chechenia entre outros. Serbia non recoñece a Kosovo entre outros motivos porque toma a Kosovo como lugar de nacemento da cultura serbia.

No ano 2012, a cantora kosovar Rona Nishliu representou a Albania no Festival de Eurovisión coa canción "Suus" quedando en 5ª posición na final.

Aínda que non participou nunca de forma independente, ata a súa independencia o territorio kosovar foi representado por Iugoslavia, Serbia e Montenegro e Serbia.

Notas

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Kosovo