Bulgaria participou no Festival de Eurovisión nove veces, tendo o seu debut no Festival de Eurovisión 2005.

As súas primeiras representacións como a banda Kaffe en 2005 e Mariana Popova en 2006 non lograron pasar a semi-final. Finalmente no 2007 o país pasou a semi-final por primeira vez e última vez até agora e ademais alcanzou o quinto lugar na final que tivo lugar o 12 de maio coa canción "Water" (orixinalmente Вода), é a única participación na gran final eurovisiva deste país búlgaro (polo tanto só estivo unha vez no TOP-10 nunha gran final). No 2008 tampouco logrou pasar á final. Xeralmente Bulgaria da máis puntos aos países veciños, porén na edición do 2008 deu a máxima puntuación a Alemaña, xa que unha das rapazas que integraban no grupo que representou ao país xermano era búlgara.

No Festival de Eurovisión 2012, Bulgaria empatou con Noruega con 45 puntos, pero Noruega obtivo puntos de 11 países e Bulgaria de 10, polo que Noruega pasou á final no posto 10º e Bulgaria no 11º sen clasificarse.

No Festival de Eurovisión 2016 a artista Poli Genova volveu e acadou un gran 4º posto, contrastando co 4º posto no denominado bottom (referido aos últimos lugares na clasificación na final) do Festival de Eurovisión 2011.

Participacións Ano Sede Artista Título Final Puntos Semi-final Puntos 2005 Kíiv Kaffe "Lorraine" 10px 10px 19 49 2006 Atenas Mariana Popova "Let me cry" 10px 10px 17 36 2007 Helsinqui Elitsa Todorova e Stoyan Yankulov "Water" 5 157 6 146 2008 Belgrado Deep Zone Project e DJ Balthazar "DJ, take me away" 10px 10px 11 56 2009 Moscova Krassimir Avramov "Illusion" 10px 10px 16 7 2010 Oslo Miro "Angel si ti" ("Ангел си ти") 10px 10px 15 19 2011 Düsseldorf Poli Genova "Na Inat" ("На инат") 10px 10px 13 48 2012 Bakú Sofi Marinova "Love unlimited" 10px 10px 11 45 2013 Malmö Elitsa Todorova e Stoyan Yankulov "Samo shampioni" ("Само шампиони") 10px 10px12 45 2014 Copenhague Non participou 2015 Viena Non participou2016EstocolmoPoli Genova''If love was a crime''43075220 2017 Kíiv Kristian Kostov «Beautiful Mess»(S. Arman, B. Milanov, J.Persson, A. V. Bley, J. Alkanaes) 2 615 1 403 2018 Lisboa Equinox «Bones»(Borislav Milanov, Trey Campbell, Joacim Persson e Dag Lundberg) 14 166 7 177

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Bulgaria