Valve Software é unha empresa estadounidense de software no campo dos videoxogos. Fíxose mundialmente famosa polo seu primeiro xogo, Half-Life e por unha modificación deste xogo, Counter-Strike. As oficinas centrais de Valve Software atópanse en Kirkland, Estados Unidos.
Historia Valve Software foi formada en 1996 por Gabe Newell e Mike Harrington. Ambos eran ex-traballadores do xigante informático Microsoft e traballaran nos seus sistemas operativos Windows e OS/2 antes de pasarse ao mundo dos videoxogos.
Co seu primeiro xogo Valve tivo un tremendo éxito obtindo beneficios das súas expansións e mods. No seu traballo xunto á comunidade de xogadores atópanse títulos como Counter-Strike ou Day of Defeat. En maio de 2003, Valve Software causou un gran revuelo na feira E3 ao presentar o que parecía unha versión practicamente terminada de Half-Life 2.
Tras un atraso dun pouco máis dun ano, posiblemente debido ao roubo dunha parte do código fonte que sufriu Valve, Half-Life 2 foi lanzado o 16 de novembro de 2004 en todo o mundo mediante a súa plataforma Steam.
Produtos
Servizos
Steam
Motores
GoldSrc Source Source 2
Videoxogos Half-Life Team Fortress Classic Ricochet Counter-Strike Deathmatch Classic Day of Defeat Counter-Strike: Condition Zero Counter-Strike: Source Half-Life: Source Half-Life 2 Half-Life 2: Deathmatch Day of Defeat: Source Half-Life 2: Lost Coast Half-Life Deathmatch: Source Half-Life 2: Episode One Half-Life 2: Episode Two Portal Team Fortress 2 Left 4 Dead Left 4 Dead 2 Alien Swarm Portal 2 Counter-Strike: Global Offensive Dota 2 The Lab Artifact Dota Underlords Half-Life: Alyx Artifact: Foundry Aperture Desk Job Counter-Strike 2 Deadlock
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Empresas culturais Categoría:Compañías de videoxogos Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América