A manifestación polo galego acontecida en Compostela o 8 de febreiro de 2015 que levou por lema Polas fillas dos nosos fillos foi unha manifestación cívica que tivo por obxecto a reivindicación dos dereitos dos galegofalantes, en contra da actuación en materia de política lingüística da Xunta de GaliciaMilleiros de persoas saen á rúa en defensa do galego, nova aparecida en La Voz de Galicia o 8 de febreiro de 2015. e de denuncia da imposibilidade de facer vida normal en galego en Galicia. Segundo as fontes, reuniu un total de entre 10.000 e 25.000 manifestantesMilleiros de persoas en defensa do futuro da lingua galega, nova aparecida en Praza Pública o 8 de febreiro de 2015. e nela congregouse a sociedade civil así como tamén diferentes representantes política de ANOVA, BNG, PSdeG-PSOE, Podemos ou Esquerda Unida. A entidade convocante foi Queremos Galego, da Mesa pola Normalización Lingüística,Queremos Galego convoca manifestación en defensa da lingua o 8 de febreiro , nova aparecida en Sermos Galiza. á que se adheriron diversos colectivos, tales que ProLingua, Nova Escola Galega ou os sindicatos STEG ou CIG-Ensino.
O acto foi presentado pola actriz galega Isabel Risco. Seis nenas e nenos leron o manifesto que criticaban o desleixo da Xunta cara a lingua galega e solicitiban remedios para deter isto. Remataron dicindo: "Polas fillas dos nosos fillos, queremos galego!" A continuación Mofa e Befa elaboraron a receita “lingua galega estofada” . Varios camareiros e camareiras repartiron despois lambetadas. A continuación, Os Migallas cantaron o "Rap da lingua".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Manifestación polo galego en maio de 2009
Categoría:Lingua galega Categoría:Manifestacións Categoría:2015