O XIII Festival de Eurovisión Júnior celebrouse o 21 de novembro de 2015 en Bulgaria, sendo a primeira vez que este país acolle un evento do festival de Eurovisión. Vladislav Yakovlev es desde 2013 o supervisor executivo do festival.
Ao igual que a pasada edición, non designouse unha cidade sede, senón que o anfitrión foi Bulgaria como país na súa totalidade.
Para esta edición, houbo dous países debutantes (Australia e Irlanda), dous retornos (Albania e Macedonia) e tres retiradas (Croacia, Chipre e Suecia). Albania regresou ao festival tras unha ausencia de dous anos. Macedonia, un dos 16 países fundadores da versión júnior regresou tralo seu paréntese en 2014. Por outra banda, Croacia, país que regresou a pasada edición tras unha ausencia de sete anos (2007-2013) retirouse debido á crise económica que atravesa o país, ao igual que Chipre; e, por último, Suecia retirouse tras unha reestruturación da súa canle infantil.
Finalmente, Malta con Destiny Chukunyere e a súa canción "Not My Soul", alzouse coa vitoria do Festival 2015, obtendo 185 puntos e superando así a vitoria de España no 2004, que ata ese momento tiña a máxima puntuación con 171 puntos. Armenia, obtivo a segunda praza con Mika e a súa canción de rock and roll "Love". A medalla de bronce foi para Eslovenia coa balada R&B "Prva ljubezen", defendida por Lina Kuduzović, converténdose no mellor resultado do país na súa historia dentro do certame infantil e a súa versión adulta.
Sede Como é a tradición o país gañador da edición anterior ten a primeira opción de acoller o festival do seguinte ano, neste caso Italia. Non obstante, o 15 de xaneiro de 2015, a UER comunicou mediante a web oficial do festival que a pesar de diversas negociacións e a vontade do país gañador do Festival de Eurovisión Júnior 2014, este non podería organizar o evento debido a cuestións económicas. Posteriormente, a UER e o Supervisor Executivo do Festival, Valdislav Yakovlev, informaron que estábase a negociar con outros dous países, estes serían Malta que xa acolleu o festival do 2014 e terminou en cuarta posición, e Bulgaria que foi subcampión da edición anterior.
Finalmente, o 26 de xaneiro de 2015, a televisión BNT de Bulgaria anunciou que o seu país acollería o festival, sendo a primeira vez que dita nación acolle un evento de Eurovisión.
Países participantes O sorteo de posicións para a final tivo lugar durante a cerimonia de apertura celebrada o 17 de novembro de 2015 no Palacio Nacional da Cultura de Bulgaria. A orde de actuación final foi a seguinte: N° País Artista(s) Canción Lugar Puntos 01 Lena Stamenkovic "Lenina Pesma"779 02 The Virus "Gabede"1051 03 Lina Kuduzovic "Prva Ljubezen"3112 04 Chiara & Martina "Viva"1634 05 Shalisa "Million Lights"1535 06 Bella Paige "My Girls"864 07 Aimee Banks "Realta Na Mara"1236 08 Mikhail Smirnov "Dream"680 09 República de Macedonia Ivana Petkovska & Magdalena Alekovska "Pletenka - Braid of love"1726 10 Ruslan Aslanov "Volshebstvo"4105 11 Michael Varosyan "Love"2176 12 Anna Trincher "Pochny Z Sebe"1138 13 Gabriela Yordanova & Ivan Stoyanov "Colour of hope"962 14 Kamilla Ismailova "Mirror"1436 15 Destiny Chukunyere "Not My Soul"1185 16 Mishela Rapo "Dambaje"593 17 Jana Mirkovic "Oluja"1336
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión Júnior Festival de Eurovisión 2015
Categoría:Festival de Eurovisión Júnior Categoría:Música en 2015