miniatura|200px|Vista desde arriba dun nadador realizando o estilo bolboreta. O estilo bolboreta é un estilo natatorio, unha variación do estilo peito ou estilo braza na que ambos os brazos se levan xuntos á fronte, por enriba da auga, e logo cara a atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeiras, o cal nace ao levar cara a abaixo a cabeza no momento de entrar na auga, e culmina coa patada, chamada golfiño, e un movemento descendente e brusco dos pés xuntos. A invención do estilo bolboreta moderno é acreditada ó nadador xaponñes Jiro NagasawaPassages: Butterfly Inventor Jiro Nagasawa, 78 .
Técnica A técnica da bolboreta consiste no movemento sincronizado do brazo cun sincronizado das pernas. O movemento de onda do corpo é tamén moi significativo. Na posición inicial o nadador debe flotar cos pés detrás del e os brazos estendidos en fronte.
Competicións Hai tres distancias que se nadan habitualmente co estilo bolboreta, tanto en piscina de 50 metros coma de 25 metros: 50 m bolboreta 100 m bolboreta 200 m bolboreta
Regras de competencia da FINA A FINA define o regulamento do estilo Bolboreta (SW 8) coas seguintes características: SW 8.1 : Ao comezo da primeira brazada despois da partida e de cada volta, o corpo deberá manterse sobre o peito. O nadador debe patear debaixo da auga. Permítese patear de lado pero non está permitido estar de costas en ningún momento durante a competencia. SW 8.2: Os dous brazos deben estar sincronizados cando son lanzados cara a diante e cando están debaixo da auga. SW 8.3: O movemento das pernas debe estar sincronizado. As pernas e os pés non teñen que estar ao mesmo nivel durante a carreira. A patada de peito non está permitida. SW 8.4: Nas voltas e ao acabar a carreira ambas as mans deben facer o toque simultaneamente, xa sexa sobre, baixo ou a nivel da superficie de auga. SW 8.5: Na saída e nas voltas, o nadador pode dar unha ou máis patadas por debaixo da auga aínda que só pode dar unha brazada para axudarse a saír á superficie. O nadador pode estar debaixo da auga por unha distancia máxima de 15 metros despois das voltas ou na saída, despois diso o nadador debe permanecer por riba da superficie.
Mellores marcas mundiais Todos os nadadores chegaron ás finais a menos que se especifique doutra maneira, Os récords cun asterisco (*) despois do tempo indican que lográronse despois da última lista de récords mundiais da FINA.
Piscina de 50 metros
Homes ProbaRécordNadadorPaísDataLugar50 m22,43*Rafael Muñoz Pérez5 de abril de 2009Málaga, España«Muñoz bate el récord del mundo en 50 mariposa.» Marca. Consultado el 21 de febreiro de 2015.100 m49,82Michael Phelps1 de agosto de 2009Foro Itálico, Roma, Italia200 m1'51,51Michael Phelps29 de xullo de 209Foro Itálico, Roma, Italia
Mulleres ProbaRécordNadadoraPaísDataLugar50 m25.07Therese Alshammar31 de xullo de 2009Roma, Italia100 m56.06Sarah Sjöström27 de xullo de 2009Roma, Italia200 m2:01.81Liu Zige20 de outubro de 2009Roma, Italia
Piscina de 25 metros
Homes ProbaRécordNadadorPaísDataLugar50 m21.80Steffen Deibler14 de novembro de 2009Berlín, Alemaña100 m48.48Yevgeny Korotyshkin15 de novembro de 2009Berlín, Alemaña200 m1:49.11Kaio de Almeida10 de novembro de 2009Estocolmo, Suecia
Mulleres ProbaRécordNadadoraPaísDataLugar50 m24.38Therese Alshammar22 de novembro de 2009Singapur100 m55.05Diane Bui Duyet13 de decembro de 2009Istambul, Turquía200 m2:00.78Liu Zige15 de novembroBerlín, Alemaña
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas FINA: Federación Internacional de Natación Desarrolla tu nado de mariposa: Academia de Deportes de la BBC
Categoría:Natación