Daniel Fernando Sturla Berhouet, S.D.B., nado en Montevideo o 4 de xullo de 1959, é un cardeal e arcebispo católico latino uruguaio.

Traxectoria Naceu o 4 de xullo de 1959 en Montevideo. O 31 de xaneiro de 1980 entrou na Sociedade de San Francisco de Sales, e o 21 de novembro de 1987 foi ordenado sacerdote.

O 10 de decembro de 2011 o papa Bieito XVI nomeouno bispo auxiliar de Montevideo e bispo titular de Phlebes. Recibiu a consagración episcopal o 4 de marzo de 2012, de mans do arcebispo Nicolás Cotugno Fanizzi, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de San José de Mayo Arturo Fajardo e ao bispo auxiliar de Montevideo Milton Tróccoli.

O 11 de febreiro de 2014 foi nomeado arcebispo de Montevideo. O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Galla. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Bispos católicos do Uruguai Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais do Uruguai Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Salesianos Categoría:Relixiosos católicos do Uruguai