Stana Katić, nada en Hamilton (Ontario) o 26 de abril de 1978, é unha actriz canadense, coñecida por interpretar a detective Kate Beckett na serie de televisión Castle. No 2015 gañou o premio People's Choice Awards á mellor actriz de drama.

Traxectoria Filla de pai serbio e nai croata que emigraron da antiga Iugoslavia ao Canadá. Posteriormente, a súa familia trasladouse a Aurora, Illinois. Pasou os seus primeiros anos movéndose entre Canadá e os Estados Unidos. Tras graduarse no West Aurora High School en 1996, estudou actuación na Goodman School of Drama. Ten catro irmáns e unha irmá, sendo ela a maior.

Ademais de inglés, fala croata, bosníaco, esloveno, francés, castelán e italiano.

Carreira Stana interpretou o personaxe de Hana Gitelman en Heroes, o de Collete Stenger en 24 (temporada 5) e o de Jenny en Feast of Love, película protagonizada por Morgan Freeman. Tamén interpretou a Morgenstern na película de Frank Miller, The Spirit; Corrine Veneau na película de James Bond Quantum of Solace (aínda que orixinalmente fora seleccionada para o papel de Strawberry Fields na película); e Simone Renoir en The Librarian: Curse of the Judas Chalice, a terceira entrega da saga televisiva The Librarian.

En agosto de 2008, a ABC anunciou a estrea da serie de televisión Castle, con Stana como Kate Beckett e Nathan Fillion como Richard Castle. Katić interpreta a detective Katherine Beckett, quen se ve obrigada a aceptar que o escritor a "siga" e observe o seu traballo. Pronto se converte na súa musa e na inspiración para unha nova serie de libros. A trama enfócase na resolución de diversos crimes e no progreso da relación entre os protagonistas.

No verán de 2010 empezou a filmar For Lovers Only cos irmáns Polish en Francia, e The Double con Richard Gere.

Foi membro do xurado entre o 29 de maio e o 5 de xuño de 2011, no Festival de Cine de Zlín, onde For Lovers Only fixo a súa estrea mundial. Traballou noutra película, Big Sur, na que interpreta a Lenore Kandel. Na Comic-Con de 2011 en San Diego, houbo un anuncio oficial na revista Entertainment Weekly, de que se convertería na voz de Talia al Ghul en Batman: Arkham City. Tamén fixo unha película chamada CBGB que conta a historia dun local de Nova York da década de 1970 chamado CBGB.

No ano 2014 gañou o seu primeiro premio do People´s Choice Awards pola súa actuación en Castle, onde interpreta a Kate Beckett, sendo a primeira vez que estaba nomeada como actriz, e gañando o premio de mellor actriz dunha serie dramática e, por terceira vez, a de mellor serie, Castle. Ademais, no 2015 comezou o ano gañando o premio de actriz, de serie e conseguindo á súa vez o seu compañeiro Nathan Fillion o premio ao mellor actor.

Filmografía

Cine Ano Título Personaxe Dirección Notas 1999 Acid Freaks Annie Philippe H. Bergeron Curtametraxe 2003 Shut-Eye Angela John Covert 2005 Pit Fighter Marianne Jesse Johnson 2007 Feast of Love Jenny Robert Benton2008 Stiletto Raina Nick Vallelonga Quantum of Solace Corinne Veneau Marc Forster The Spirit Morgenstern Frank Miller 2010 Truth About Kerry Emma Katherine Torpey2011 For Lovers Only Sofia Michael Polish The Double Amber Michael Brandt2013 Big Sur Lenore Kandel Michael Polish Superman: Unbound Lois Lane James TuckerActriz de voz CBGB Genya Ravan Randall Miller 2014 The Tourist Anna Evan Oppenheimer2016The RendezvousRachel RozmanAmin Matalqa2017Lost in FlorenceAnnaEvan Oppenheimer2018The Possession of Hannah GraceLisa RobertsDiederik van Rooijen2019A Call to SpyVera AtkinsLydia Dean Pilcher2021Justice Society: World War IIWonder WomanJeff WamesterActriz de voz2023Justice League: Warworld2024Justice League: Crisis on Infinite EarthsWonder Woman, Superwoman2025Trouble ManJillian

Televisión Ano Título Personaxe Episodio/s 2003 The Shield Ayla All In e On Tilt2004 Alias Asistente de vuelo Facade Dragnet Miriam Nelson Retribution The Handler Mariella Bleak House JAG Lucienne Charmoli This Just in from Baghdad2005 Nadia The Big Picture ER Blaire Collins Blame It on the Rain & Wake Up2006 Dragon Dynasty Ava Telefilme 24 Collette Stenger Día 5: 7:00 – 10.00 p.m. Brothers & Sisters Karen Wells Patriarchy2007 Faceless Diana Palos Telefilme Company Man Sara Baker Telefilme Heroes Hana Gitelman Unexpected e Five Years Gone CSI: Miami Rita Sullivan Deep Freeze The Unit Agente especial Debra Lane Binary Explosion2008 Would Be Kings Julianna Martinelli Miniserie The Librarian: Curse of the Judas Chalice Simone Remoir Telefilme 2009-2016 Castle Inspectora Kate Beckett Protagonista2012Fletcher DriveGretaEpisodio: "The Intervention"2016Sister CitiesCarolina Baxter ShawTelefilme2017-2020AbsentiaAxente Emily ByrneProtagonista2024Murder in a Small TownZoe StrachanUn episodio

Videoxogos

Ano Título Rol Notas 2011 Batman: Arkham City Talia al Ghul Actriz de voz

Premios

Ano Categoría Premio Resultado 2009 Mellor actriz en series de drama por Castle Premios Satellite Nomeada 2011 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Ganadora2012 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Gañadora Rendemento nun episodio de drama, por Castle Prism Award Gañadora2013 Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle TV Guide Award Gañadora Actriz favorita de drama de TV People's Choice Awards Nomeada2014 Actriz favorita de drama de TV People's Choice Awards Gañadora Química favorita en pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle People's Choice Awards Candidata2015 Actriz Favorita de Drama de Crime People's Choice Awards Gañadora Dúo Favorito en Pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle People's Choice Awards Nomeada2016Actriz Favorita de Drama de CrimePeople's Choice AwardsGañadora

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Stana Katic en TV.com .

Categoría:Nados en Ontario Categoría:Nados en 1978 Categoría:Actores do Canadá Categoría:Canadenses de ascendencia serbia Categoría:Canadenses de ascendencia croata Categoría:Estadounidenses de ascendencia canadense Categoría:Estadounidenses de ascendencia serbia