La Gaita Gallega foi un semanario que se editou na Habana en 1872.
Historia e características Subtitulado Semanario humorístico habanero editado por una infinidad de bolos y gandules bajo la inspiración de el Doctor Triquitraque, apareceu o 7 de xaneiro de 1872. O Doutor Triquitraque era en realidade Miguel Blanco Herrero, quen explicou a desaparición da revista no último número. Publicou traballos referidos a temas de costumismo local cun ton divertido, sen alusión a Galicia. Tiña como emblema unha escena popular galega: un gaiteiro e varias parellas bailando a muiñeira. Saíron seis números pechando a publicación o 11 de febreiro de 1872.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Ficha na Enciclopedia da Emigración Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana Categoría:Revistas humorísticas