José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil en galego.
Traxectoria Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación da Música entre 1992 e 2005.É autor de libros infantís dedicados á divulgación da música clásica.
Obra
O oso fabuloso (2004), Kalandraka. Hércules y Crunia (2005), Kalandraka. Traducido ao galego por Ramón Nicolás. As catro estacións. Vivaldi (2012). Traducido ao castelán, ao catalán e ao portugués. O carnaval dos animais (2013), que foi finalista do Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil. Traducido ao portugués e ao castelán. Cadros dunha exposición (2015). Traducido ao castelán e ao portugués. O bolero de Ravel (2020). Traducido ao castelán, ao portugués e ao éuscaro. O osiño Chispa (2023). Pontevedra: Kalandraka. 36 páxs. ISBN 978-84-1343-245-8. Ilustacións de Rosa Osuna. Notas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla