miniatura|Nomes de animais en panxabí en escrita gurmukhi Gurmukhi (en panxabí ਗੁਰਮੁਖੀ, ) é un alfasilabario que se utiliza para escribir a lingua panxabí na India. Deriva da escrita laṇḍā e en última instancia da brāhmī. Estandarizouna o segundo gurú sikh, Angad no século XVI, e nesa escrita escribiuse o libro sagrado do sikhismo, o Gurú Granth Sahib. O nome da escrita deriva do antigo panxabí "gurumukhī", " o que vén da boca do gurú". O gurmukhi moderno ten corenta e unha consoantes (vianjan), nove símbolos de vogais (lāga mātrā), dous símbolos para os sons nasais (bindī e ), e un símbolo que duplica o son de calquera consoante (addak). Utilízase principalmente no estado do Panxab na India, como a escrita oficial para o panxabíMarilyn Martin-Jones, Kathryn E. Jones Multilingual Literacies: Reading and writing different worldsJohn Benjamins, 2001. p. 279 aínda que tradicionalmente era a escrita que utilizaban os sikhs, mentres os musulmáns empregaban a árabe-persa e os hindús a devanágari, aínda que nestes dous últimos casos a tendencia era a empregar para a escrita o urdú e o hindi Tamén se emprega amplamente nos estados indios de Haryana, Himachal Pradesh, Jammu e na capital naciional Delhi, onde o panxabí tamén é unha das linguas oficiais. Historicamente o gurmukhi tamén se adaptou para escribir outras linguas, como o braj bhasha, khariboli e sindi.
Consoantes O gurmukhi contén 35 letras distintas. As tres primeiras son distintas xa que elas forman a base das vogai, e non son consoantes, ademais agás 'aira, nunca se utilizan soas.
Nome Pron. Nome Pron. Nome Pron. Nome Pron. Nome Pron. ੳ uṛa – ਅ æṛa soa ੲ iṛi – ਸ səsa ਹ haha ਕ kəka ਖ kʰəkʰa ਗ gəga ਘ kəga ਙ ngənga ਚ chəcha ਛ chʰəchʰa ਜ jəja ਝ chəja ਞ neiia ਟ ṭenka ਠ ṭʰəṭʰa ਡ ḍenga ਢ ṭəḍa ਣ ṇaṇa ਤ təta ਥ tʰətʰa ਦ dəda ਧ təda ਨ nəna ਪ pəpa ਫ pʰəpʰa ਬ bəba ਭ pəba ਮ məma ਯ yaiya ਰ rara ਲ ləla ਵ vava ੜ ṛaṛa
Existen tamén outras seis consoantes, descoñecidas no Gurú Granth Sahib creadas colocando un punto (bindi) ao pé (pair) da consoante. Utilízanse principalmente para escribir palabras procedentes doutras linguas : Nome Pron. ਸ਼ Sussa pair bindi ਖ਼ Khukha pair bindi ਗ਼ Gugga pair bindi ਜ਼ Jujja pair bindi ਫ਼ Phupha pair bindi ਲ਼ Lalla pair bindi Lalla pair bindi é unha novidade recente do alfabeto gurmukhi e non sempre se considera unha letra diferente.
Vogais
Vogal Nome API Ind. Dwp. con /k/ Nome Unicode Uso ਅ (none) ਕ Muktā A a ਆ ਾ ਕਾ Kannā AA ā ਇ ਿ ਕਿ Sihārī I i ਈ ੀ ਕੀ Bihārī II ī ਉ ੁ ਕੁ Onkaṛ U u ਊ ੂ ਕੂ Dulankaṛ UU ū ਏ ੇ ਕੇ Lāvā̃ E ē ਐ ੈ ਕੈ Dulāvā̃ AI e ਓ ੋ ਕੋ Hōṛā O ō ਔ ੌ ਕੌ Kanōṛā AU o
Exemplos de vogais :
Palabra Transcrición Significado ਆਲੂ ālū pataca ਦਿਲ dil corazón ਗਾਂ gã vaca
Notas
Categoría:Alfasilabarios