Pilar Allegue Aguete, nada na Coruña en 1946, é unha filósofa, escritora e política galega.

Traxectoria Pilar Allegue naceu no barrio de Catro Camiños, na cidade da Coruña. A súa nai era republicana, o que influíu nas ideas da súa filla. Ambos os pais procuraron que Allegue puidese estudar, para evitar os roles de xénero impostos pola sociedade. Sobre a nai, relembra:

Estudou dous anos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, pero trasladouse a Madrid onde se licenciou en Filosofía e Letras, sección Filosofía, na Universidade Complutense de Madrid en 1968. Durante a súa etapa como estudante, entrou en contacto co Club de Amigos da UNESCO, creado en 1961, onde entrou en contacto con figuras como Ben-Cho-Shey, Bautista Álvarez ou Lois Diéguez. Tamén foi representante do Sindicato Democrático de Estudantes, de corte antifranquista. Traballou como profesora nunha filial do Instituto Isabel la Católica de Madrid.

En 1973 instalouse en Pontevedra xunto co seu home, Vicente Vázquez. Alí, uniuse á Asemblea Nacional-Popular Galega e foi concelleira logo das eleccións municipais de 1979 polo Bloque Nacional Popular Galego. Impartiu clases na UNED. En 1983 obtivo unha praza na Universidade de Vigo na que é profesora de Filosofía do dereito. É doutora en Filosofía pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid (1990). Colaborou en Festa da Palabra Silenciada e Política Gallega.

Obra Os traballos de Allegue están principalmente centrados na figura do ilustrado galego Frei Martín Sarmiento, sobre o que publicou varios estudos. A súa tese de doutoramento foi a primeira en estudar o pensamento do monxe dende unha perspectiva xeral. Por outra banda, escribiu tamén dúas biografías do autor. Sobre el, afirmou:

Publicacións

Como autora A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento (1993). Edicións Xerais. Frei Martín Sarmiento: pensador, crítico, científico, filólogo, educador (2001). Ir Indo. Martín Sarmiento, un intelectual ilustrado (2001). Edicións Xerais. Trazos de xénero da violencia escolar no ámbito galego, baixo a coordinación de María Mercedes Álvarez Lires (2008). Xunta de Galicia.

Obra colectiva

"Castelao na miña experiencia", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Como editora

Elementos etimológicos según el método de Euclides (1997). Universidade de Vigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Outros artigos Martín Sarmiento

Ligazóns externas

Trazos de xénero da violencia escolar no ámbito galego (Instituto de las Mujeres)

Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes