Herberto Helder de Oliveira, nado en Funchal o 23 de novembro de 1930 e finado en Cascais o 23 de marzo de 2015, foi un poeta portugués.

Biografía Frecuentou a Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, tendo traballado en Lisboa como xornalista, bibliotecario, tradutor e presentador de programas de radio. Viaxou por diversos países da Europa realizando varios traballos sen relación coa literatura, e foi redactor da revista Notícia en Luanda, Angola en 1971, onde sufriu un grave accidente. Tamén foi un dos colaboradores da efémera revista Pirâmide (1959-1960).

Foi considerado un dos máis orixinais poetas de lingua portuguesa. Era unha figura misántropa, e en torno del pairou unha atmosfera misteriosa, por ter rexeitado premios e conceder entrevistas. En 1994, foi o vencedor do Prémio Pessoa, que recusou.

A súa escrita comezou por situarse no ámbito dun surrealismo tardío. En 1964 organizou con António Aragão o 1º caderno antológico de Poesia Experimental (Cadernos de Hoje, Mondar editores). Escribiu mentres tanto Os Passos em Volta, un libro que, a través de varios contos, suxire as viaxes deambulatorias dunha personaxe por entre cidades e espazos cotiáns, colocando ao mesmo tempo incertezas acerca da identidade propia de cada ser humano (ficción); Photomaton e Vox é unha colectánea de ensaios, textos e varios poemas. Poesia Toda é o título dunha antoloxía persoal dos seus libros de poesía que ten sido depurada ao longo dos anos. Algúns dos seus libros desapareceron das máis recentes edicións da Poesia Toda, rebautizada Ofício Cantante.

A crítica literaria aproxima a súa linguaxe poética ao universo da Alquimia, da mística, da Mitoloxía edipiana e da imaxe da Nai.

Obra Poesía Poesia – O Amor em Visita (1958). A Colher na Boca (1961). Poemacto (1961). Lugar (1962). Electrònicolírica (1964). Húmus: poema-montagem (1967). Retrato em Movimento (1967). Ofício Cantante: 1953-1963 Antologia (1967). O Bebedor Nocturno (1968). Vocação Animal (1971). Poesia Toda (1º vol. de 1953 a 1966; 2º vol. de 1963 a 1971) (1973). Cobra (1977). O Corpo o Luxo a Obra (1978). Photomaton & Vox (1979). Flash (1980). A Plenos Pulmões (1981). Poesia Toda 1953-1980 (1981). A Cabeça entre as Mãos (1982). As Magias (1987). Última Ciência (1988). Do Mundo (1994). Poesia Toda (1996). Ou o poema contínuo: súmula (2001). A Faca Não Corta o Fogo - Súmula & Inédita (2008). Ofício Cantante - Poesia Completa (2009). Servidões (2013). A Morte Sem Mestre (2014).

Ficción Os Passos em Volta (1963). Apresentação do Rosto (1968). A Faca Não Corta o Fogo (2008).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Poemas e fotos Poemas e Introdução à Obra Poética de Herberto Helder Herberto Helder, in memoriam- Revista Palavra Comum

Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Poetas en lingua portuguesa Categoría:Nados na rexión autónoma de Madeira Categoría:Poetas de Portugal