La Guindilla foi un periódico editado en Pontevedra en 1886.
Historia e características Subtitulado Periódico festivo, semanal, joco-serio, apareceu o 2 de xaneiro de 1886. Dirixido por Víctor Said Armesto cando contaba só quince anos de idade. Entre os seus redactores figuraban Fausto e Vicente García Temes. Publicábase os días 2, 9, 16 e 24 de cada mes. O último número coñecido é o 28, aparecido o 29 de agosto de 1886.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1886 en Galicia