Ramsi KarmuTamén coñecido como Ramzi Garmou. (en ), nado en Zaxo (Iraq) o 5 de febreiro de 1945, é un eclesiástico católico caldeo, dende 1999 arcebispo metropolitano de Teherán.
Traxectoria Ramsi Karmu naceu en Zaxo, unha cidade con moita poboación asiria, no Kurdistán iraquí. O 13 de xaneiro de 1977 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Teherán.
O 5 de maio de 1995 foi nomeado arcebispo coadxutor de Teherán. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de 1996, de mans do patriarca de Babilonia Rafael I.
O 7 de febreiro de 1999 sucedeu a Yuhana Siman Isai como arcebispo metropolitano de Teherán.
O 20 de xullo de 2013 foi nomeado visitador apostólico para os caldeos de Europa, cargo que exerceu até o 19 de novembro de 2016. Notas
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Zaxo Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Irán