José Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Pepe Alvite e José Rey Feás, e alcumado Yersaef e Xan da Ulla, nado en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1919 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1991, foi un xornalista galego.
Traxectoria Fillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Jesús Alvite. Colaborou en diversos medios de comunicación. Dentro dos medios escritos, en El Pueblo Gallego, La Noche, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Nos medios radiofónicos, colaborou na compostelá Radio Galicia, co alcume de Xan da Ulla.El Pueblo Gallego, 15-10-1949, p.2. Foi empregado da delegación territorial de Televisión Española en Galicia.
Finou en Santoago de Compostela o 14 de xuño de 1991.ABC, 15-6-1991, p. 49.
Vida persoal Casou con Leonor Martínez Vázquez, coa que tivo tres fillos: Jesús (nado en maio de 1948La Noche, 3-5-1948, p. 2. e finado o 12 de outubro de 1984),El Correo Gallego, 13-9-2009. José Luis e Manuel Ángel. Recoñecementos
Unha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán Jesús. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Alvite
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes