As localízanse no Lago Chuzenji (fonte do río Oshiri) no Parque Nacional de Nikko, preto da cidade de Nikkō, Prefectura de Tochigi, Xapón. As cataratas foron formadas cando o Río Daiya cambiou o seu curso polo fluxo de lava. Preto de doce fervenzas menores sitúanse detrás e dos lados das cataratas de Kegon, filtrándose a través de moitas fendas entre a montaña e fluxo de lava.
Con 97 m de altura, son unha das tres maiores fervenzas do Xapón. No outono, o tráfico na estrada de Nikko para Chuzenji pode ás veces aumentar cos visitantes que acoden a ver as cores do outono.
En 1927, as cataratas de Kegon foron recoñecidas como unha das "Oito Vistas" que mellor mostraban o Xapón e a súa cultura no período Showa.日本八景(昭和2年)の選定内容. Ministerio de Medio Ambiente do Xapón. Consultado o 3 de marzo de 2012.
As cataratas de Kegon son famosas polos suicidios, especialmente entre os mozos xaponeses.
Suicidios miniatura|left|170px|Poema de morte de Misao Fujimura. Misao Fujimura (1886 – 22 de maio de 1903), un estudante xaponés de filosofía e poeta, é moi recordado polo seu poema de despedida escrito directamente sobre o tronco dunha árbore antes de cometer suicidio pulando polas cataratas de Kegon.
A historia pronto foi explotada de xeito sensacionalista en xornais da época e foi comentada polo famoso escritor Natsume Soseki, profesor no instituto de Fujimura, na súa novela Kusamakura (1906).Asakura (2005): 45.Sōseki (2021) Isto levou a famosa fervenza a converterse nun lugar notorio onde mozos desesperados acaban coas súas propias vidas (Efecto Werther). p. 519
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Asakura, K. (2005). Jisatsu no shisō 自殺の思想 [Pensar o suicidio; en xaponés]. Edicións Ōta. Sōseki, N. (2021). Kusamakura (en castelán). Tradución de Emilio Masiá e Moe Kuwano. Ediciones Sígueme.
Outros artigos Monte Nantai Lago Chuzenji
Categoría:Fervenzas do Xapón