A mesquita de Selimiye (en turco: Selimiye Camii; en grego: Σελιμιγιέ Τζαμί), antigamente Catedral de Santa Sofía, é unha mesquita localizada en Lefkoşa, na República Turca do Norte de Chipre. Esta é a principal mesquita da cidade, do país e da illa. A mesquita está situada na que fora a igrexa máis grande e antiga da illa de Chipre (66x21 metros) posibelmente construída no lugar dunha antiga igrexa bizantina e convertida en mesquita despois da conquista polos otománs.

Enterramentos na igrexa Enterramentos na mesquita cando aínda era unha igrexa: Hugo III de Chipre Amalrico II de Xerusalén

Galería de imaxes

Categoría:Mesquitas de Chipre