Un modo de transporte, ou medio de transporte, ou aínda sistema de transporte, é unha forma particular de transporte dun lugar a outro de bens ou de persoas, e que se distingue principalmente polo vehículo utilizado e, en consecuencia, pola infraestrutura que utiliza. Cando se asocian varios modos de transporte para concorrer á realización dunha operación de transporte, utilízase o termo intermodalidade.

Clasificación Os modos de transporte pódense clasificar en: Acuáticos, como: barco, submarino, iate, lancha, bote Terrestres, como: automóbil, bicicleta, motocicleta, tren etc. Aéreos, como: avión, helicóptero, globo de aire quente etc. Tracción animal, como carruaxes, zorras, carros etc. Coa axuda da tecnoloxía poden existir algúns híbridos, é dicir que poden ser acuáticos e terrestres ao mesmo tempo (como os vehículos anfibios), ou aéreos e acuáticos (como os hidroavións) etc.

Listaxe A continuación dáse a lista dos principais medios.

Aéreos

Avión Avioneta Ultralixeiro Foguete Helicóptero Planador Globo aerostático Teleférico Paramotor

Ferrocarril

Tren Trens de alta velocidade (en España AVE) Metro Monorraíl Tranvía Funicular

Estrada

Autobús Automóbil Bicicleta Velocípede Camión Motocicleta Trolebús

Marítimo e fluvial

Barco Bote ou barca Canoa Transbordador Submarino Transatlántico

Véxase tamén Outros artigos Intermodalidade Transporte

Categoría:Transporte Categoría:Listas