miniatura|Radamisto matando a súa muller Zenobia de Luigi Sabatelli. Segundo os autores clásicos súa muller pediulle a Radamisto que a matase para non caer prisioneira e así o fixo seu home, mais uns pastores atopárona aínda viva Radamisto (, ) (morto en 58) foi un príncipe real da dinastía PharnavazianaCyrille Toumanoff "Chronology of the early Kings of Iberia" Traditio, Vol. 25 (1969), p. 11 de Iberia que reinou en Armenia entre o 51 e o 53 e de novo do 54 ao 55. Considerado usurpador e tirano, unha rebelión apoiada polo Imperio Parto derrubouno.
Traxectoria Radamisto era o fillo máis vello do rei Pharsman I de Iberia,Cyrille Toumanoff "Chronology of the early Kings of Iberia" Traditio, Vol. 25 (1969), p. 12 mais a súa nai era unha princesa armenia da dinastía artáxida, filla de Tigranes IV e da súa dona e irmá Erato. En Armenia gobernaba Mitríades, instalado no trono por seu irmán, o rei de Iberia, pero as relacións entre os dous irmáns deterioránse e no ano 51 Pharsman instalou no trono ao seu fillo, Radamisto quen coa complicidade da gornición romana capturou e matou a seu tío. O rei Vologases I de Partia desconforme con esas accións invadiu Armenia conquistando Artaxata e proclamando a seu irmán Tiridates I rei no ano53 mais no inverno ao se retirar os soldados partos por unha epidemia, Radamisto volveu recuperar o poder. Trata os armenios con extraordinaria severidade, castigando ás cidades que se renderan aos partos, o que ten como consecuencia unha rebelión e a volta de Tiridates ao poder no ano 55. Radamisto fuxiu e Tiridates fixo prisoneira á súa muller, Zenobia, á que tratou como unha raíña. Radamisto viviu os anos seguintes en Iberia ata que o seu pai ordenou asasinalo co pretexto de argallar un complot contra el.
Notas
Categoría:Dinastía Pharnavaziana