A ave do paraíso, Strelitzia reginae Banks, é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas.

É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1789 polo naturalista, botánico e mecenas das ciencias naturais inglés Sir Joseph Banks, que reclasificou a Heliconia bihai J. S. Mill.CJB Genève. African Plant Database.Strelitzia reginae Banks in U.S. National Plant Germplasm System. United States Department of Agriculture. Agricultural Research Service. Consultado o 9-9-2018.

Porén, no ITIS adxudícanlle a autoría ao tamén botánico inglés William Townsend Aiton.Strelitzia reginae Aiton, no ITIS.

Etimoloxía O epíteto específico científico desta planta, reginae (en latín = "da raíña"), está dedicado á princesa alemá Carlota de Mecklemburgo-Strelitz, raíña consorte de Inglaterra polo seu casamento co rei Xurxo III do Reino Unido, falecida en 1818 e que era moi afeccionada á botánica.<ref>[http://www.memidex.com/strelitzia-reginae Strelitzia reginae00] en Memidex.]</ref>

Sinónimos Os principais sinónimos desta especie (hai até 25) son:Strelitzia reginae Banks in The Plant List. (Organización que colabora co Royal Botanic Gardens, Kew e o and Missouri Botanical Garden. Heliconia strelitzia J.F.Gmel. Strelitzia angustifolia W.T.Aiton Strelitzia farinosa W.T.Aiton Strelitzia gigantea J.Kern Strelitzia glauca Rich. Strelitzia humilis Link Strelitzia ovata W.T.Aiton Strelitzia parvifolia W.T.Aiton Strelitzia regalis Salisb. Strelitzia rutilans'' C.Morren

Características Dimensións Planta herbácea, de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m. Follas As follas, con longos pecíolos, son alternas, pinnatinervadas e dísticas. Flores As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculadas. O perigonio está formado por 6 tépalos distribuídos en dous grupos, os tres externos iguais e libres, os tres internos desiguais e xeralmente soldados, un de maiores dimensións e pregado en forma de frecha rodeando a estilo. O xineceo presenta 3 carpelos soldados, o ovario é ínfero, trilocular, con numerosos primordios seminais. Froito O froito é unha cápsula valvicida que se abre por 3 valvas.

Cultivo Necesita luz intensa tres ou catro horas diarias de luz solar directa e non florece con luz inadecuada. Durante o período de crecemento activo, pode cultivarse en condicións normais. Necesita de regos moderados e humidade normal. Entre marzo e outubro require grandes cantidades de auga. As aves do paraíso son moi sensibles ao ataque das cochinillas.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía L. Watson y M. J. Dallwitz, The families of flowering plants - Strelitziaceae

Outros artigos Estrelitziáceas

Ligazóns externas ITIS 42382

Categoría:Zingiberales Categoría:Flora de África Categoría:Xardinaxe Categoría:Plantas ornamentais