San Xiao de Ventosa (até 2026, Ventosa (San Xulián)) é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.
Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.
Xentilicio O seu xentilicio é ventosino.
Patrimonio A igrexa parroquial data do século XIII pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior destaca o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro paneis completos dun baldaquino.
En Axiaz hai varios túmulos dolménicos e unha casa grande que conserva unha cheminea flanqueada por gárgolas que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz.
En San Xulián de Chaos hai sartegos antropoides tallados en rocha viva e un castro de pequenas dimensións.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ventosa
Parroquias de Agolada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lugares de Agolada Galería de imaxes da igrexa de San Xiao de Ventosa
Ligazóns externas
Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao