Os Acantharea (Acantharia) son un grupo de protozoos radiolarios,Polet, S.; Berney, C.; Fahrni, J.; Pawlowski, J. (2004). "Small-subunit ribosomal RNA gene sequences of Phaeodarea challenge the monophyly of Haeckel's Radiolaria". Protist 155 (1): 53–63. doi:10.1078/1434461000164. PMID 15144058. que se distinguen principalmente polos seus esqueletos. A categoría taxonómica que se lles outorga varía segundo as clasificacións. Son exclusivamente mariños, sobre todo de augas tropicais e subtropicais, pero tamén en mares máis fríos, e son de vida libre e de 0,005 mm a 5 mm de diámetro.Tree of Life Acantharia Aliméntanse de bacterias, diatomeas e outras algas planctónicas de similar tamaño e doutros protozoos e mesmo de pequenas larvas de animais. Algunhas albergan zooxantelas.

Estrutura A célula consta dun endoplasma central cos núcleos e orgánulos, e un ectoplasma periférico. Os esqueletos conteñen cristais de celestita (sulfato de estroncio), que non fosilizan, e toman a forma de dez espiñas (axopodios) diametrais (que poden interpretarse como vinte espiñas radiais)Jean Febvre, Colette Febvre-Chevalier. Acantharia. DOI: 10.1038/npg.els.0002102 . A cápsula central está feita de microfibrilas dispostas formando vinte placas, cada unha cun buraco a través do cal se proxecta unha espiña, e hai tamén un córtex microfibrilar ligado ás espiñas por mionemas (que teñen mobilidade e cambian a forma e flotabilidade da célula). Estes axudan á flotación, xunto cos vacúolos do ectoplasma, que a miúdo conteñen zooxantelas.

Clasificación pola disposición das espiñas A disposición das súas espiñas é moi precisa, e descríbese pola denominada lei de MüllerMüller, J. 1859. Einige neue Polycysten und Acanthometren des Mittelmeers. Physic abhandlungen der Königlicher Akademie der Wissenschaften aus der Jahre 1858, Berlin, pp. 1-62.. É doada de describir en termos de liñas de latitude e lonxitude. Cada liña de lonxitude leva ou dúas espiñas tropicais ou unha ecuatorial e dúas espiñas polares, alternadamente. A forma na que as espiñas se unen entre si no centro da célula varía e é unha das características primarias polas cales se clasifican. Distínguense os seguintes tipos: Holacanthida: espiñas diametrais, simplemente cruzadas. Symphyacanthida: espiñas radiais, coas bases libres. Chaunacanthida: espiñas radiais, coas bases articuladas. Arthracanthida: espiñas radiais, coa bases piramidais empaquetadas xuntas.

Teñen un número fixo de axopodios.

Filoxenia Segundo estudos filoxenéticos baseados no ADNr de 18S e parcial de ADNr de 28S seguramente existen 6 clados principais, subdivididos en 13 subclados. Teñen unha natureza polifilética e será necesario facer unha revisión taxonómica do grupo. As clasificacións tradicionais distinguen uns 50 xéneros e 150 especies, clasificados en 18 familias e 4 ordes: Holacanthida, Chaunacanthida, Symphiacanthida e Arthracanthida.Taxonomy and Molecular Phylogeny. Acantharea

Ciclo de vida Os adultos son xeralmente multinucleados. Na reprodución obsérvase unha fase sexual por medio dun gamonte e teñen unha fase de enquistamento, o cal comprende a formación de células que se enxamian (antes denominadas "esporas"), que poden ser flaxeladas. Os quistes teñen unha cuberta mineralizada e caen a zonas profundas do mar.Decelle J, Martin P, Paborstava K, Pond DW, Tarling G, et al. (2013) Diversity, Ecology and Biogeochemistry of Cyst-Forming Acantharia (Radiolaria) in the Oceans. PLoS ONE 8(1): e53598. doi:10.1371/journal.pone.0053598. Non se observaron todos os estadios do ciclo de vida, e o estudo destes organismos foi dificultado principalmente polo feito de que non se pode mantelos en cultivo en sucesivas xeracións.

Notas

Categoría:Rizarios