A tecnoloxía adecuada (TA), tamén coñecida como tecnoloxía apropiada ou intermedia, é aquela tecnoloxía que está deseñada con especial atención aos aspectos ambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixe. Atendendo estas consideracións, a TA normalmente demanda menos recursos, é máis fácil de manter, presenta un menor custo e un menor impacto sobre o medio ambiente con respecto a outras tecnoloxías equiparables. O termo tecnoloxía intermediarefírese especificamente a ferramentas que custan menos ou son máis accesibles e apropiadas para zonas de rendas per cápita baixas a pesar de que existan ferramentas que consigan mellores resultados. Nestes casos empréganse tecnoloxías que poden ser reparadas polas comunidades usuarias e que non xeren dependencias.miniatura|O hórreo reúne as propiedades de tecnoloxía apropiadaO termo úsase para describir as tecnoloxías que se consideran máis axeitadas para o seu uso en países en vías de desenvolvemento ou en zonas rurais subdesenvolvidas dos países industrializados, nas que senten que as altas tecnoloxías non poderían operar e manterse. Nas tecnoloxías adecuadas prevalecen as solucións intensivas en traballo a outras intensivas en capital, aínda que emprega mecanismos de aforro de traballo cando isto non implica altos custos de mantemento ou de recursos económicos. Na práctica a TA defínese a miúdo como a que usa o nivel de tecnoloxía máis sinxelo que pode acadar con eficacia o propósito procurado para esa localización concreta. En todo caso, a falta de precisión da definición dá lugar a interpretacións. E. F. Schumacher di que esta tecnoloxía, descrita no libro O pequeno é fermosoSchumacher, E. F.; Small Is Beautiful: Economics As If People Mattered: 25 Years Later... With Commentaries. Hartley & Marks Publishers ISBN .0-88179-169-5, tende a promover valores como a saúde, a beleza e a sostibilidade temporal, nesa orde. Este termo adquiriu relevancia durante a Crise do petroleo de 1973 e co movemento ecoloxista dos anos 70.

O que constitúe a tecnoloxía adecuada en cada caso particular é materia de debate, mais o termo é empregado xeralmente ao teorizar para cuestionar a alta tecnoloxía ou o que se considera unha excesiva mecanización, os desprazamentos humanos, o esgotamento de recursos naturais ou os incrementos da contaminación asociados á industrialización.

Podería argumentarse que, para unha sociedade tecnoloxicamente avanzada, unha tecnoloxía máis cara e complexa, que requira mantemento especializado e altas entradas de enerxía, podería ser unha "tecnoloxía adecuada". En calquera caso, este non é o sentido habitual do termo.

Definicións

Tecnoloxía intermedia Tecnoloxía intermedia pode ser un sinónimo de tecnoloxía adecuada. Foi acuñado por E. F. Schumacher para describir aquela tecnoloxía que era significativamente máis complexa e custosa que os métodos tradicionais, mais que aínda permanecía unha orde de magnitude (dez veces) máis barata cá tecnoloxía dos países desenvolvidos. Os e as partidarias desta tecnoloxía argumentan que pode ser doadamente adquirida e utilizada pola xente empobrecida e, de acordo coa xente partidaria, pode levar a unha maior produtividade á vez que se minimizaría a dislocación social. Moita da tecnoloxía intermedia pode ademais ser construída e posta en servizo usando os materiais e coñecemento locais.

Tecnoloxías duras e brandas

A tecnoloxía dura consiste en técnicas de enxeñaría, estruturas físicas e maquinaria que encontran unha necesidade definida por unha comunidade, e empregan materiais que están á man ou que son facilmente adquiribles. Poden ser construídas, operadas e mantidas polas poboacións locais a base dunha moi limitada asistencia externa (p.ex. técnica, material ou financeira). Este tipo de tecnoloxía pódese mercar e vender ou pódeselle poñer un prezo de mercado.

A tecnoloxía branda defínese como aquela tecnoloxía que trata coas estruturas da sociedade, os procesos interactivos humanos e as técnicas de motivación. O que promove as mudanzas é a estrutura e procesos para a participación social, a realización polos individuos e mailos grupos da análise das situacións, a toma de decisións e as habilidades para implantar o decidido. Este tipo de tecnoloxía está relacionada cas ciencias sociais.

Non necesariamente “baixa” tecnoloxía A tecnoloxía adecuada pode beneficiarse das investigacións máis avanzadas, como ocorre co filtro de trapo que se inspirou nas investigacións sobre a propagación do cólera pola auga.

Pode usar tecnoloxías moi recentes, por exemplo en áreas remotas do Nepal, a Fundación Ilumina el Mundo utiliza un tipo de luminarias led brancas. Estas representan unha alternativa axeitada ás formas máis tradicionais de iluminación xa que non causan problemas para a saúde como ocorre coas lámpadas de queroseno e coas fogueiras, e presentan mellores requirimentos enerxéticos e unha maior fiabilidade, o que é necesario para lugares remotos desconectados da rede de subministración enerxética.

Outra definición de tecnoloxía adecuada O arquitecto británico e experto en desenvolvemento e asentamentos humanos, John F. C. Turner (coautor e editor do libro “Liberdade para construír” e autor do libro “Edificación popular”), dixo que a tecnoloxía verdadeiramente axeitada é a tecnoloxía que a xente ordinaria pode usar para o seu propio beneficio e o da súa comunidade, a que non lles fai dependentes de sistemas sobre os que non teñen control. O principal punto desta definición é que a tecnoloxía normalmente crea dependencias polo que, para ser realmente adecuada, a tecnoloxía debería mellorar a capacidade local ou rexional para se enfrontar ás necesidades locais. Esta definición encaixa cos movementos emerxentes pola relocalización, e é paralela á idea de E. F. Schumacher de que “o pequeno é fermoso”.

Conceptos que pretenden superar o de tecnoloxía adecuada Xa durante os 80 e 90 comézase a falar cada vez máis de tecnoloxía social, á par que se desenrolaba o campo da investigación chamado CTS (Estudos de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade). Comézase a querer dotar o termo de certa perspectiva finalista (tecnoloxía adecuada para que?)

Por outra banda, dende unha perspectiva vinculada ao desenvolvemento humano e á Cooperación para o Desenvolvemento, no ano 2001 publicábase o Informe de Desenvolvemento Humano do PNUD titulado “Poñer o adianto tecnolóxico ao servizo do desenvolvemento humano”PNUD (2001). Informe de Desarrollo Humano del PNUD 2001: “Poner el adelanto tecnológico al servicio del desarrollo humano. PNUD. ISBN 968-7462-27-2.. Nel, pretendíase tamén dar un sentido máis finalista ao uso da tecnoloxía na liña do que entón se entendía por Desenvolvemento Humano, concepto que se foi cambiando co tempo. Esta publicación constitúe o primeiro intento de vincular a tecnoloxía e o desenvolvemento baixo o paradigma do desenvolvemento humano. En anos posteriores, múltiples informes adoptan o termo e complétano«Equipo de Tareas sobre ciencia, tecnología e innovación». UNESCO. 2005. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.«Inventing a Better Future: A Strategy for Building Worldwide Capacities in Science and Tecnology». Consultado o 13 de xaneiro de 2015. Banco Mundial (2004). Informe sobre el desarrollo mundial 2004: Servicios para los pobres.. Ademais, organizacións como a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, en colaboración con departamentos de diversas universidades como a Politécnica de Cataluña ou a de Valencia, seguiron afondando no tema, a medida que o paradigma do Desenvolvemento Humano ía evolucionando. Desta maneira, comezaron a cuestionar as tecnoloxías clasificadas intrinsecamente como axeitadas«Concepto de tecnología para el desarrollo humano». Consultado o 13 de xaneiro de 2015.«Tecnologías apropiadas vs. tecnologías para el desarrollo humano». Consultado o 13 de xaneiro de 2015.. A participación das persoas usuarias en todo o ciclo do feito tecnolóxico (e por tanto da maneira de “gobernala”), a intencionalidade do desenvolvemento tecnolóxico e das tecnoloxías concretas desenvolvidas (aínda que poidan ter un bo uso en casos concretos, dificilmente poden por si mesmas fuxir do modelo de desenvolvemento no que e para o cal foron desenvolvidas), así coma o cuestionamento da neutralidade intrínseca da tecnoloxía (vinculándoa xa claramente a elementos como política i ética, mentres se recupera o pensamento a este respecto de autores como HabermasHabermas, Jürgen. Ciencia y técnica como ideología. Tecnos. p. 2. ISBN 84-309-1031-X. ou máis modernos coma Ramón QueraltóQueraltó, Ramón. Ética, tecnología y valores en la sociedad global. Tecnos. p. 223. ISBN 84-309-3976-8. , definen o camiño que está tomando o enfoque de 'Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH)'.

Ademais, organizacións coma practicalaction.org (creada inicialmente polo propio E.F. Schumacher) están a falar fai tempo de xustiza tecnolóxica. Tamén se fala de tecnoloxías para a liberdadeFernández-Baldor, Álvaro. Technologies for Freedom: un modelo de tecnología para el desarrollo humano y sostenible.   e, vinculado co paradigma do Desenvolvemento Humano que está comezando a impoñerse, de tecnoloxías para a emancipaciónCAMBIAR LA EDUCACIÓN PARA CAMBIAR EL MUNDO: ¡POR UNA ACCIÓN EDUCATIVA EMANCIPADORA!: COMUNICACIONES DEL IV CONGRESO DE EDUCACIÓN PARA EL DESARROLLO. HEGOA. ISBN 978-84-89916-98-2.  .

O cuestionamento da neutralidade da tecnoloxía e a súa finalidade ten que ver co cuestionamento da neutralidade da propia ciencia (que é a que sustenta o avance tecnolóxico). Os diversos ámbitos de aplicación desta TpDH son similares aos da propia tecnoloxía adecuada«Cuadernos de Tecnologías para el Desarrollo Humano»., pero é ese elemento profundo de vinculación da tecnoloxía ao contexto de desenvolvemento (definido de forma clave por elementos políticos e de valores do mesmo) o que diferencia este concepto do inicialmente proposto como Tecnoloxías Apropiadas. Existen traballos comparando distintos elementos dos diversos conceptos mencionados.Aitor Gómez. «Tecnologías para el Desarrollo Humano: Ciencia, Tecnología y Sociedad». p. 43. 

Exemplos e sostibilidade Características tales coma o baixo custo, a baixa utilización de combustibles fósiles ou o uso de recursos dispoñibles localmente poden representar vantaxes en termos da sostibilidade. Por estas razóns, estas tecnoloxías son ás veces usadas e promovidas polos partidarios da sostibilidade e da tecnoloxía alternativa.

Tecnoloxía da información e da comunicación O OLPC XO e o Simputer son computadores orientados aos países en vías de desenvolvemento, e a súa vantaxe principal é o seu baixo custo. Outros factores relevantes inclúen a resistencia ao po, a fiabilidade e o uso dunha linguaxe oportuna. Eldis OnDisc e a Biblioteca de la Tecnología Adecuada son proxectos que usan CD e DVD para dar acceso a información sobre desenvolvemento en áreas que carecen de acceso a Internet fiable e alcanzable.  A radio a manivela e o sistema informático e de comunicacións planeados pola Fundación Jhai é independente de toda subministración enerxética.  Existe tamén o GrameenPhoneque fusionou a telefonía móbil cos programas de microcréditos do Banco Grameen para proporcionar ás poboacións campesiñas de Bangladesh acceso á comunicación.  Loband, unha páxina web desenvolvida por Aptivate quita todas as fotografías e todo o contido intensivo en largo de banda das páxinas web e convérteas a texto plano, permitindo a navegación por elas con normalidade. Esta páxina web incrementou amplamente a velocidade de navegación, e o seu uso é axeitado para conexións con largos de banda como os que están dispoñibles xeralmente no mundo en vías de desenvolvemento. 

Construción