Konna é unha cidade e comuna rural no Cercle de Mopti na rexión de Mopti, en Malí. A cicade dista a 60 km ao nordés de Mopti. A autoestrada principal RN16, que conecta Sévaré con Gao, ramifícase ao leste xusto ao sur da cidade. A comuna ten unha área de aproximadamente 838 km², e contén a cidade e 24 aldeas veciñas.. No 2009 tiña unha poboación de 36 767 habitantes.

Cada xoves, celébrase un mercado na cidade que atrae a xente dos asentamentos dos arredores..

Historia Conflito do Norte de Malí En xaneiro de 2013, Konna foi capturada polos islamistas.. O ataque desencadeou a intervención francesa na guerra,. e coa súa axuda, as forzas de goberno de Malí lanzaron rapidamente un contraataque para retomar a cidade... Ao principio, o goberno de Malí anunciou que a cidade xa estaba baixo o seu control.. Porén, militares do exército francés negaron estes feitos.. A cidade volveu estar baixo o control de Malí tres días máis tarde..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas .

Categoría:Cidades de Malí