A proteína da leucemia promielocítica é unha proteína supresora de tumores que nos humanos está codificada no xene PML do cromosoma 15.

Función

A proteína codificada por este xene é membro da familia do motivo tripartiro (TRIM). O motivo TRIM inclúe tres dominios de unión ao zinc, un RING, unha caixa B tipo 1 e unha caixa B tipo 2, e unha rexión de hélice superenrolada (coiled-coil). É unha fosfoproteína que se localiza nos corpos nucleares (puntos nucleares ou corpos PML), onde funciona como factor de transcrición e supresor de tumores. A súa expresión está relacionada co ciclo celular e regula a resposta p53 a sinais oncoxénicos. O xene está a miúdo implicado na translocación co xene alfa do receptor de ácido retinoico asociado coa leucemia promielocítica aguda. O amplo splicing alternativo deste xene orixina diversas variacións das rexións central e C-terminal da proteína, pero todas as variantes codifican o mesmo N-terminal. Identificáronse variantes de transcrición de splicing alternativo que codifican distintas isoformas.

Interaccións

A proteína da leucemia promielocítica presenta interaccións con:

ANKRD2, proteína de unión a CREB, Ciclina T1, proteína 6 asociada a Death, GATA2, HDAC1, HDAC3, HHEX, MAPK11, MYB, Mdm2, Factor de crecemento nervioso IB, correpresor 1 do receptor nuclear, correpresor 2 do receptor nuclear, P53, RPL11, Proteína do retinoblastoma, Receptor alfa do ácido retinoico, SIN3A, Proteína SKI, STAT3, Factor de resposta ao soro e Modificador 1 relacionado coa ubiquitina pequeno, Factor de transcrición Sp1, TOPBP1, Timina-ADN glicosilase, e proteína 16 que contén o dominio BTB e dedo de zinc.

Notas

Véxase tamén Outros artigos dominio dedo RING

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas