miniatura|Retrato de Besiki. Lado Gudiashvili (1896–1980) Besarion Zakarias dze Gabashvili (xeorxiano: ბესარიონ ზაქარიას ძე გაბაშვილი), máis coñecido polo sobrenome literario de Besiki (), nado en Tbilisi 1750 e finado o 25 de xaneiro de 1791 en Iaşi, foi un poeta, político e diplomático xeorxiano, coñecido como autor de poemas amorosos e odas heroicas. Traxectoria Besiki procedía dunha familia nobre que afirmaba proceder da antiga cidade palestina de Gibeon e o poeta utilizou o sobrenome Gabaoni, forma xeorxiana de Gibeon e variatne de Gabashvili.
O pai de Besiki, Zakaria, era un sacerdoto ortodoxo xeorxiano, confesor do rei Teimuraz II. Zakaria foi excomungado e desterrado en 1764, pero o rei Erekle II permitiu que Besiki permanecese na corte real, onde se educou e comezou a súa carreira de menestrel nas súas primeiras composicións o seu estilo estaba moi influenciado pola poesía persa e o poeta armenio-xeorxiano contemporáneo Sayat-Nova. A pesar da súa curta idade, gañou moitos inimigos na corte polas súas sátiras e polos seus ataques ao Catholicos Anton I. Amais existían rumores que asociaban a Besiki coa irmá de Erekle, Ana, sobre todo polo seu poema დედოფალს ანაზედ ("Á raíña Ana"). En 1777 o Catholicos Anton acusouno de impiedade e denunciouno ao rei, como resultado do conflito, Besiki foi desterrado de Tbilisi e marchou ao reino de Imereti (no oeste de Xeorxia), onde o rei Salomón I lle deu o posto de chanceler, tras a morte do rei serviu no servizo diplomático para o novo rei, Salomón II. Nunha misión no Imperio Ruso para asegurar a protección rusa a Imereti durante a Guerra Ruso-Turca (1787–1792), acompañou durante tres anos ao mariscal de campo Potyomkin na campaña contra o Imperio Otomán, e morreu de xeito sorpresivo en Iaşi, Moldova, onde o enterraron.Rayfield, Donald (2000), The Literature of Georgia: A History: 2nd edition, pp. 124-6.
Poesía Debido á súa vida turbulenta e as súas viaxes perdéronse moitos dos seus manuscritos, que non publicou en vida, aínda que centos de copias dos seus manuscritos circularon durante décadas despois da súa morte, os títulos e notas de moitos poemas son invencións de copistas afeccionados.
O legado poético de Besiki é notable pola súa musicalidade e espentaneidades.Mikaberidze, Alexander (2007). Os seus mellores poemas – სევდის ბაღს შეველ ("Entrei nun xardín de melancolía"), მე მივხვდი მაგას შენსა ბრალებსა ("Comprendín as túas acusacións"), შაშვნი შავნი ("Os merlos") e en especial, ტანო ტატანო ("Estatura de beleza") e დედოფალს ანაზედ ("Á raíña Ana") – están dedicados a un apaixonado, e ás veces explíciito, amor erótico cun matiz melancólico e un ton elegante.Kveselava, M (2002), Anthology of Georgian Poetry, 181. A súa poesía heroica inclúe os poemas ასპინძისათვის ("Na batalla de Aspindza") e რუხის ომი ("A batalla de Rukhi"), ámbolos dous dedicados ás vitorias xeorxianas sobre as forzas turcas e abkazio-circasianas, respectivamente. Besiki tamén foi un mestre da poesía satírica, რძალ-დედამთილიანი ("A sogra e a nora"), e ჭაბუა ორბელიანზე ("A Chabua Orbeliani"), son dous notorios exemplos. O poeta usou algúns métodos novos na versificación, composición e cuñou algunhas palabras novas, renovando e enriquecendo a poesía xeorxiana con novas metáforas.Baramidze, A. A súa poesía influíu nos poetas románticos xeorxianos de primeiros do século XIX.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas (xeorxiano) Unha colección de poemas de Besiki. Georgian eBooks. Biblioteca do Parlamento Nacional de Xeorxia.
Categoría:Nados en 1750 Categoría:Finados en 1791 Categoría:Políticos de Xeorxia Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Escritores en lingua xeorxiana Categoría:Escritores de Xeorxia