miniatura|Mostra de cuarcita. A cuarcita, ás veces chamada metacuarcita, é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo, de textura non foliada.Quartzite Powell, Darryl. Mineral Information Institute. Consultadao o 2 de maio de 2015. A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.Kvartsitt Store norske leksikon. Consultada o 2 de maio de 2015. miniatura|A cuarcita ten unha superficie granulada, como papel de lixa, que lle dá unha aparencia vidrosa. Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %. miniatura|Cuarcita da formación da Prospect Mountain, no pico Jeff Davis, en Nevada, Estados Unidos. O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese.quartzite, Encyclopedia Britannica Academic Edition. Consultada o 2 de maio de 2015.kvartsit Den Store Danske Encyklopædi. Consultada o 2 de maio de 2015. miniatura|Bifaces de cuarcita encontrados en Stellenbosch, Suráfrica. Formación A cuarcita fórmase por recristalización a altas temperaturas e presións. É unha rocha carente de foliación. Se presenta capas de folliñas paralelas de mica branca a rocha adquire unha estrutura xistosa e pasa a chamarse xisto de cuarzo.

A súa meteorización é lenta e produce solos infrecuentemente delgados. A súa resistencia á erosión fai que formacións de cuarcita sobresaian na paisaxe, como é o caso de numerosas cristas nos montes Apalaches, ou, a menor escala, no val do río Ulla no lugar de Gundián.

Usos A cuarcita pura emprégase como unha fonte natural de cuarzo para procesos metalúrxicos e para fabricar ladrillos de sílice.

Na industria úsase cuarcita de alta pureza para fabricar ferrosilicio, aliaxes de ferro e silicio nas que o contido en silicio varía entre o 15 e o 90 %, sendo as máis utilizadas as que conteñen o 75 % de silicio, xa que representan os 3/4 do uso do silicio (excluíndo o SiO 2) e o 20 % da produción de aliaxes ferrosas. A este respecto cabe destacar que a fábrica da FerroAtlántica de Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais de 37.000 de silicomanganeso, 55.000 de ferromanganeso, 6.000 de pasta de eléctrodos e 3.000 de microsílice).FerroAtlántica .

As cuarcitas úsanse tamén como balasto* en camiños e vías férreas. Outros usos son como rocha ornamental na construción e para facer esculturas.

Cómpre dicir tamén que, durante a Idade de pedra a cuarcita era usada como un substituto de menor cualidade para o sílex.Raw material . Stone Age Reference Collection, Institute for archeology, University of Oslo, Norway

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cuarcita armoricana

Categoría:Petroloxía